A denominada Asemblea Nacionalista d’O Salnés, que reune a ex militantes e simpatizantes do Bloque e persoas que se incorporan á política agora, vai celebrar a súa segunda xuntanza. Aínda que a data inicialmente prevista ( e aquí anunciada) era o vindeiro sábado, finalmente non se desenvolverá até o 25 ou 26 por coincidir coa conmemoración do primeiro ano do 15M.
Desde a Asemblea Nacionalista do Salnés consideran que hai motivos sobrados para acompañar ao movemento cívico nas rúas, e lembrar que en Pontevedra haberá unha manifestación o día 12 ás 18.30 da tarde desde Montero Ríos. Desde a Asemblea discúlpanse polas molestias que puideran ter causado polo seu cambio na data.
INFORMACIÓN URXENTE: APRÁZASE A XUNTANZA DA ASEMBLEA NACIONALISTA DO SALNÉS PREVISTA PARA ESTE SÁBADO EN BARRANTES.
Comunicamos o aprazamento da Asemblea nacionalista do Salnés que estaba prevista para este sábado, 12 de maio ás 19.00 h en Barrantes por coincidir coa conmemoración do 1º aniversario do movemento dos indignados (15M).
Cando planificamos a xuntanza, non nos decatamos de que previsiblemente coincidiría coa data escollida polo movemento cívico do 15M para conmerar a o seu 1º aniversario, pero dende a organización da Asemblea Nacionalista do Salnés coidamos que hai máis motivos que nunca para estar o próximo sábado nas rúas, amosando a nosa indignación coas decisións que están a tomar os gobernos do estado e da Xunta; é que conlevan unha importante reducción de dereitos básicos da cidadanía e un empeoramento dos servizos públicos; por eso acordamos aprazar a xuntanza para facilitar a asistencia das persoas que queiran acudir ás concentracións organizadas en distintas cidades galegas. En Pontevedra, a manifestación saíra as 18.30 Horas da Alameda. (podes consultar o programa de actividade na seguinte ligazón: http://indignatepontevedra.wordpress.com/2012/05/08/movilizacion-12m-15m-programa-de-actividades/ ).
A Asemblea Nacionalista do Salnés programará unha nova xuntanza, que terá lugar previsiblemente os días 25 ou 26 de maio a falta de concretar hora e lugar de celebración. Na vindeira semana comunicaremos a data, hora e lugar concreto de celebración.
Lamentamos as molestias que se puidesen causar coa convocatoria aprazada.
No Salnés, a 10 de maio de 2012
Ramón Mouriño Alfonso
Membro do Encontro Irmandiño.
Já se concretizou a nova data?