Este xoves 17 de Maio é o Día das Letras Galegas e como de costume a Banda de Castrelo celebra un concerto. Grazas ao mestre da gaita, Xaquín Xesteira, enterámonos de que a Banda dirixida por José Bugallo Senra poñerá especial énfase na “música que emana do pobo”, a música galega. Un dos momentos especiais do concerto será a presentación da nova sección da Banda de música de Castrelo, a sección de gaitas. O acto comezará ás 12.30 no Auditorio da Xuventude.
MANIFESTACIÓN DE QUEREMOS GALEGO!
Como vén sendo habitual nos últimos anos, a plataforma en defensa da lingua Queremos Galego! celebra unha manifestación nacional que partirá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela. O lema da convocatoria é “Paremos os ataques contra o galego” nunha lexislatura que remata e na que a lingua estivo no centro do debate polas continuas medidas anti-normalizadoras do Goberno de Feijóo. A manifestación deste ano vén aínda con máis polémica logo de que o Concello de Santiago (PP) denegara os permisos para o palco e a megafonía á Plataforma.
Unha mágoa que os dous importantes actos que nesta nova se reflicten se solapen. Haberá que elixir…
Conversa
Aínda non hai comentarios.