//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Reunión polo Novo Proxecto Común a vindeira fin de semana en Cambados


Se hai días se desconvocaba unha reunión da denominada Asemblea Nacionalista de Arousa por coincidir co 15M, agora xa hai nova data para o encontro. Será o vindeiro sábado 26 de Maio ás 19 horas no Salón de Peña de Cambados. Na xuntanza (aberta a todos os interesados nun novo proxecto nacional e progresista) darase información sobre os pasos que se están a dar para a creación do novo referente político, e debatiranse diversos puntos sobre a estruturación comarcal e local e sobre o traballo a realizar. Tamén se prevé que se elixa unha xestora comarcal.

Mentres se suceden asembleas a nivel comarcal por todo país, e debates con representantes das sensibilidades que buscan artellar o novo proxecto común, tamén hai conversas dos líderes que xa frutificaron co acordo das forzas Máis Galiza, EcoGaleguistas e Acción Galega. Outro dos referentes importantes, o Encontro Irmandiño de XM Beiras, descartou sumarse aínda a un acordo para respectar as asembleas de base. O máis previsible é que no prazo semanas comece a crearse un organismo a nivel nacional para preparar unha asemblea constituínte da nova forza.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: