//
estás a ler...
., Cambados

Bloque e PSOE congratúlanse da paralización da estación eléctrica de Vilariño


Os partidos da oposición celebran que Red Eléctrica paralizara o proxecto de emprazar unha subestación eléctrica na parroquia de Vilariño. O caso xerara moitas críticas entre os veciños que mesmo se organizaron nunha asociación veciñal (O Batuqueiro) para loitar contra o proxecto, que consideraban perigoso ao estar situado a escasos metros das casas.

O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, felicitouse pola decisión, que segundo el foi grazas á unión dos veciños, pero advertiu que hai que permanecer alerta porque a paralización podería ter que ver coa chegada das eleccións galegas. Caamaño cre que ao PP non lle saen as contas de cara aos comicios tralo desgaste pola situación política e económica e de aí o anuncio en Vilariño, que segundo o BNG non é crible porque tralas eleccións os candidatos do PP “tenden a incumprir o prometido”.

Para o PSOE o Concello non debería porse a medalla pola paralización do proxecto xa que segundo o seu portavoz, Rafael Blanco, o goberno desoiu en todo momento as revindicacións dos veciños. Os socialistas aseguraron que permancerán “vixilantes” dado que a decisión non é definitiva senón temporal.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: