//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Víctor Caamaño

“Cacicada” do PP


Hai uns días que en Cambados a xente está indignada; está indignada coa proposta do PP de malgastar os cartos públicos nunha escultura de Manuel Fraga; e a verdade é que teñen argumentos e razóns para estalo. Este caso é todo un exemplo de como o goberno municipal do PP está a xestionar este concello e a malgastar os nosos recursos.

O PP toma esta decisión, non só, sen consultalo con ningún outro grupo político (como fai sempre), senón que ademais tenta ocultalo o maior tempo posible. De feito, esta é unha das razóns polas que envían as actas da Xunta de  Goberno con máis de 3 meses de retraso, en lugar dos 10 días que marca a lei. Así o BNG, que forma parte da corporación municipal, ten que coñecer polos medios de comunicación barbaridades como o encargo  desta escultura.

Co agravante de que o PP toma a decisión de encargar a escultura sen ter cartos para elo e, despois de facelo, afirma que tentará conseguilos a posteriori; o cal indica a “excelente planificación” coa que traballa o goberno municipal do PP de Cambados.

Por se isto non fose suficiente, o alcalde manifesta que agarda conseguir os cartos para a estatua de “Don Manuel”, a partir de axudas doutras Administracións. Esta é outra das teimas do PP: ten que enterarse, dunha vez,  Luís Aragunde que os cartos das Administracións son públicos. Son cartos que proceden dos nosos impostos e que merecen ser gastados con sentido común e eficacia para o benestar de todos e todas. Porque os cartos públicos, tamén os da Deputación; eses que Louzán gasta tan alegremente, realmente non son del, senón nosos. E cando son “malxestionados”, como adoita a facelo o PP, está demostrar que non lle doe malgastar os cartos das Administracións, como se estas non tiveran onde investilos. Porque con estas actitudes, semella que sobran cartos para sanidade, educación, servizos sociais, cultura…, ou en saneamento (no caso de Cambados) e como sobran tantos, pois se lle poden facer cos sobrantes unha escultura para maior gloria do exministro de Franco.

Esta decisión do PP  non hai por onde collela, porque nin é momento para tirar os cartos en esculturas como esta, nin se trata dun personaxe que concite o mínimo consenso entre as diferentes sensibilidades políticas e sociais. Isto é simplemente unha “cacicada” do PP de Cambados que con este tipo de decisións está  a situarse, cada día, máis á dereita.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: