//
estás a ler...
., Cambados

Un ano de Aragunde: Medida estrela, estatua a Manuel Fraga


Cúmprense estes días un ano das eleccións de 2011 nas que o Partido Popular revalidou a alcaldía de Cambados con maioría absoluta, facéndose Luís Aragunde co posto de rexedor que xa ostentaba pola renuncia de Tourís. Desde cambados(tk) íamos repasar estes días o que fixo (ou non fixo) o goberno conservador desde Xuño do ano pasado pero imos comezar coa medida que anuncia o equipo de Aragunde neste aniversario.

Ao parecer a escultura de Manuel Fraga xa está encargada (segundo Faro está incluso avanzada) ao artista Lucas Míguez (que creou as estatuas de Cabanillas e Asorey) e incluso a data de inauguración e o lugar están elixidos. O Albariño parece ser o momento proposto para descubrir a nova “obra” e o Pazo Torrado o espazo no que estará o ex presidente. Este lugar foi elixido polo Goberno porque permanece fechado polas noites e sería unha garantía para evitar sabotaxes.

O que está claro é que a medida estrela de Aragunde a moitos cidadáns de Cambados nos parece un despropósito. Primeiro porque non acreditamos nas supostas bondandes do labor de Manuel Fraga no Goberno da Xunta de Galicia, segundo porque opinamos que unha persoa que ademais tivo un pasado franquista (formou parte como Ministro do Goberno ditatorial) non pode recibir homenaxes por parte dos poderes democráticos, e terceiro porque en momentos en que as arcas públicas están baleiras e os cidadáns pasan apuros económicos non poden gastarse os cartos en beneficio do Partido Popular, sexa en forma de subvencións, traballos a dedo ou estatuas-homenaxes como a que se plantexa.

Desde Cambados(tk) proponse aos cidadáns de Cambados mobilizarse en contra desta iniciativa, axiña. Imaxe de Fernando Mayoral.

Grupo de rexeitamento da medida en Facebook. NON á estatua de Fraga en Cambados

Conversa

4 thoughts on “Un ano de Aragunde: Medida estrela, estatua a Manuel Fraga

  1. XA ESTÁ BEN. PROPOÑO QUE POÑAN AO LADO DA ESTATUA A FRAGA A DE XAQUÍN VIEITES.Por que non?Eu lembro que de adolescente sempre había unha chea de pintadas por toda a vila que dicia XAQUIN N VIEITES LIBERDADE,ISIDORO PADÍN LIBERDADE,chegando a cubrir parte da fachada sur da Igrexa de S. Bieito de Fefiñáns para escándalo de Beatas e demais personaxes que se escudaban en criticar a animalada que supuña afear o monumento para largar contra os dous aludidos e da democracia recén estreada.Pouco cambiou os pensamentos na vila das mil procesións dende aquela,só que o poder establecido na Vila quere iniciar unha recesión ideolóxica índa mais forte que a esistente e aí está o pecado do PP e o seu representante máximo que non o importante,D.Luis Aragunde,xa non lle chega con tomar a vila como súa nas festas do Albariño,non lle chega con meter en nómina a un escultor que nin Picaso,vai ter tresa esculturas na vila e a de Asorey xa ben podía retirala,falan de recortes pero para D.Manuel o que faga falla,mesmo morto índa que divida aos Cambadeses ,logo xa non eres bo Alcalde Luis,non tes o mínimo que se lle pode pedir a un gobernante que é certa equidade,polo que suxiro que frente a ese procer da vila(o Parador era para os pobres de Cambados)se erga un Monumento aos defensores das Liberdades na transición errados ou non nas súas decisións daquela,que loitaron un a contracorrente e outros mais cedo que tarde polas liberdades en todo o estado.Aos guerrilleiros de Cristo REY deixovolo aos demócratas da corporación se montar monumento ou placa,pero a lei da memoria histórica dividia,MANDA CARALLO

    Posted by xan galban galiñanes | 30/05/2012, 4:23 am
  2. A mi me parece PERFECTO

    Posted by Ángel | 30/05/2012, 5:45 pm
    • Perfecto que un Concello endebedado e con dificultades de financiación gaste unha morea de cartos nalgo prescindible? En homenaxear a un señor que nin naceu nin gobernou aquí, e que a única relacción que tivo con este pobo foi vir a comer na Festa do Albariño? En encargar a estatua ás agachadas? En esconder o que costa?

      Exactamente, qué é perfecto de todo esto?

      Posted by Iago | 30/05/2012, 6:07 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: MundoGaliza – Concentración en Cambados: «Non á estatua de Fraga» - 03/06/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: