//
estás a ler...
., Cambados

Artistas e historiadores opóñense tamén á estatua de Manuel Fraga


O Faro de Vigo volve hoxe sobre a polémica xurdida tras coñecerse que o Concello de Cambados ten encargada unha estatua de bronce de Manuel Fraga Iribarne. Cuestionados ao respecto, varias persoas do mundo da cultura de Cambados amosáronse contrarios á instalación da escultura. Todos coinciden nun asunto clave: a figura de Fraga non reúne o consenso do pobo de Cambados. O Faro recolle as declaracións do escritor Ramón Caride, o pintor Saúl Otero, e os historiadores Jacobo Domínguez ou Maribel Iglesias. O académico da RAG e trianero, Fernández Rei, incidiu nesta cuestión e propuxo que se lle adicara unha homeaxe a xentes da terra e do mar de Cambados que si suscitan consenso entre a poboación.

No mundo do viño tampouco a proposta é recollida con fervor. Aínda que desde Condes Albarei o seu presidente amósase a favor e eloxia a figura do ex presidente da Xunta en relación co Albariño, o seu homólogo en Martín Códax non é partidario de erixir o monumento a pesares de que na súa opinión Fraga se portara ben con eles.

“MÁIS DE 15.000 EUROS”

O alcalde, Luís Aragunde, non despexou a incógnita aínda de cal vai ser o prezo que teñamos que pagar pola estatua. Só declarou que serán “máis de 15.000 euros” e que pedirá axuda a outras administracións  para sufragar o custo. Hai que lembrarlle ao señor Aragunde que o feito de que parte dos cartos veñan da Xunta e/ou Deputación non significa que non sexamos, finalmente, os veciños quen paguemos este despropósito que ten como único fin a propaganda particular do PP. Aínda así, unha estatua de iguais características (mesmo material e mesmo esculturor) custou hai un ano 28.000 euros e non 15.000.

Non se descarta a convocatoria de mobilizacións nos próximos días.

Grupo en Facebook contra a iniciativa do Concello. NON á estatua de Fraga en Cambados.

Advertisements

Conversa

One thought on “Artistas e historiadores opóñense tamén á estatua de Manuel Fraga

  1. Se hai alguén que non nacera en Cambados,que fixera algo ou moito polo viño Albariño,que potenciara a festa e exaltación do viño novo,e non o macro-botellón actual,que espandira ao mundo cos seus escritos as escelencias do príncipe dos viños,que quixera como súa a vila probe,fidalga e soñadora foi D.Alvaro Cunqueiro,un grande da cultura galega e traducido a varios idiomas realmente internacionais coma o inglés co beneficio indirecto que supón para o viño e tendo en conta que os seus escritos gastronómicos de grande fama son tidos en conta índa hoxe pola prensa especializada no sector e polos cociñeiros de fóra de Galiza que sempre que falan de nós sae rápidamente alguha mención ao mindoniense.Este é o que merece unha estatua en Cambados por que de ben nacidos é ser agradecidos ,mais non D.manuel Fraga xa que nada lle temos que agradecer primeiro por que era un político inda onte morto que (dito por el)dividia á sociedade polo seu pasado fascista,por que a Cambados non coñezo nada que fixera non sen polémica,do Parador falouse e non pouco que tivo que ver mais Pio Cabanillas que el mais o Parador pagouno el?era Cambados merecedor dese servizo?logo o pensamento de quen cren que lle debemos algo ten que ver mais co Caciquismo que con un bó xestor que ten que ser un político coma mínimo.De segundo,sabemos por xente do PP que unha vez lle preguntaron se quería recuperar a avenida que na transición os nacionalistas no poder municipal lle sacaron para pasar a ser Avenida de Vilariño e D.Manuel contesetoulles con bo criterio que non era necesario que co cariño dos seus xa lle chegaba,agora o actual PP quere xogar a ser mais papista que o Papa,mais por qué agora?Ë ben claro para mín,teñen todo o poder que se poida ter ,o goberno de España co Presidente da Provincia,a supraprovincia da Xunta con Frijolito “Y Rueda el Cambadés de adopción”o dadivoso Presidente da Deputación de Pontevedra veciño de Cambados e mesmo así nesa concepción caciquil da política Cambados e a comarca ten uns índices de paro impresionantes,o futuro na comarca é durísimo e non hai planificación de nada para o futuro da xente nova a non ser a emigración e non quero pensar en nada ilegal.Como xustificar isto?cunha cortina de fume axudados polos masmedia que despisten do realmente grave,eso é o que temos que atacar cando fagamos algo en contra da famosa,o outro é entrar no xogo do PP,logo a batalla estaría perdida antes de iniciala

    Posted by xan galban galiñanes | 01/06/2012, 3:33 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: