Os primeiros en pronunciarse sobre a nova escultura que o Concello mercou para honrar ao fundador do seu partido foron as Xuventudes Socialistas de Cambados, que declararon que “non permitirán” que se erixa esta estatua, e lembraron o pasado franquista de Manuel Fraga.
Pola súa banda o Bloque xa rexistrou no Concello preguntas ao alcalde sobre o tema. Para Víctor Caamaño é unha “burla” que o goberno local pida austeridade e lle suba os impostos aos veciños de xeito abusivo para a continuación gastar miles de euros nunha escultura “para mellor gloria do PP”. Para o BNG é claro que a figura de Fraga cando menos non suscita consenso (lembran tamén o seu pasado como ministro de Franco) aínda que todos e cada un dos cambadeses -incluídos os que non queremos a estatua- teremos que pagar por ela.
Tamén desmonta Caamaño o argumento de Aragunde de que Fraga foi fundador da Festa do Albariño, xa que persoeiros da talla de Cunqueiro tamén fundaron a nosa Festa e non gozan de tal recoñecemento. Quizais por non ser do PP, engade Caamaño. Por todo isto o Bloque de Cambados pregunta ao goberno cando e quen aprobou o encargo da estatua a Manuel Fraga Iribarne, canto custará dita escultura e de que partida procederán os cartos para dita obra.
Grupo en Facebook contra a iniciativa do Concello. NON á estatua de Fraga en Cambados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.