//
estás a ler...
., Cambados

Agamar entrega á Fiscalía gravacións que probarían unha presunta malversación de fondos na Confraría


Benito González volta a ser o centro da atención ao recibir máis unha acusación de irregularidades. Hai meses xa se coñecía que a Fiscalía estaba a traballar na investigación a raíz das denuncias da Asociación Galega de Mariscadores (Agamar). Agora esta organización vén de remitirlle a cinta co audio e unha transcrición literal do que nela se escoita.

Segundo Agamar o audio recolle unha conversa entre o Patrón Maior e asociados na que recoñece no ano 2009 a disposición irregular de fondos públicos da Confraría de pescadores, a percepción de gratificacións económicas no seu propio beneficio a cargo da entidade, o cobro de percepcións económicas mensuais (2.000 euros) a titulares de bateas pola vixiancia a cargo do persoal da Confraría (cofinanciado pola Consellería exclusivamente para as autorizacións da Confraría), a existencia de contas correntes a nome de persoas particulares nas que se ingresaban “donativos” da Confraría sen precisar, nin declarar e sen figurar na contabilidade oficial e, en xeral, unha sistemática conducta de opacidade que permitía cobros e abonos presuntamente fraudulentos. Todo elo, omitindo o coñecemento por parte dos socios, da Tesourería da Seguridade Social e da Axencia Tributaria.

Máis info. no blog “Cambados Xusto”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: