Calquera pode pensar que é así, lida a prensa dos últimos días, nos que tan só o Faro de Vigo tratou a nova cunha extensión acorde coa polémica xerada pola decisión do Concello de mercar, con cartos de todos, unha estatua a Manuel Fraga Iribarne. La Voz e Diario pasan de puntiñas, ou non pasan, sobre o tema. Incluso o Faro de Vigo, que onte preguntaba a persoas concretas (con nomes e apelidos) a súa opinión ao respecto e obtiña unha maioría rotunda que respondía non a se estaban dacordo coa decisión do Concello, hoxe reflicte na súa nova que “a maioría” dos cambadeses apoia a iniciativa de poñer a escultura.
É ben curioso, xa que segundo FARO “Una encuesta rápida parece indicar que la mayoría de vecinos está a favor de la estatua”, pero non dan información sobre a suposta enquisa, como tamaño da mostra, método de enquisa, etc. É claro que sen estes datos esa enquisa ten tanta fiabilidade como se desde Cambados(tk) falamos con vinte amigos e titulamos a seguinte nova “A maioría de Cambados oponse á estatua de Fraga”.
Desde CTK consideramos polo tanto importante a convocatoria dunha concentración para a vindeira fin de semana, xa que non só loitamos contra un disparate de medida por parte do Concello senón tamén contra o descoñecemento que se quere implantar na cidadanía de Cambados ao respecto.
Grupo en Facebook contra a iniciativa do Concello. NON á estatua de Fraga en Cambados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.