Cambados(tk) desconvoca oficialmente a protesta pero non se responsabiliza de que o sábado ás 20.30 horas a xente acuda libre e voluntariamente á praza do Concello de Cambados.
O luns 4 notificamos á Delegación do Goberno en Pontevedra de que tiñamos previsto convocar para o sábado 9 ás 20.30 horas unha concentración na Praza do Concello para rexeitar que o Goberno Local gaste os cartos de todos os cambadeses en colocar unha estatua de Manuel Fraga. Fixémolo en vía de urxencia (xa pasaran os 10 días naturais que marca a lei para estas solicitudes) e aportamos razóns para dita urxencia. Isto pode ser comprobado no punto QUINTO do noso escrito. Seguir lendo
A presentación será no Pazo de Torrado o vindeiro mércores 13 de Xuño ás 20.30 horas. Organizan a editorial Galaxia e as librarías Cabanillas e Contos. Seguir lendo