//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

A covardía dun alcalde ou calquera tempo pasado foi mellor


Dende logo se por algo será recordada a  60 edición da Festa do Albariño (a parte da manifestación pacífica anti estatua na inauguración  da mesma) é, sen lugar a dúbidas, polos actos de covardía amosados polo alcalde Aragunde e polo presidente da Xunta Feijoo; en canto ó primeiro habería que dicirlle que o que  enchufou aí debería terlle explicado nun cursillo rápido  que ser alcalde non só consiste en manter unha pose solemne ante os fotógrafos durante as entrevistas, pegarse ós famosillos de turno que veñen á festa do albariño ou gastarse máis de 8.000 euros en apenas 4 meses en comidas oficias (iso si a conta do concello); senón que ser alcalde tamén supón  (aparte de procurar o mellor goberno entre os teus concidadáns) ter a valentía, a gallardía de dar a cara ante os actos que levas a cabo aínda que sexan partidistas e conten co rechazo de parte do teu pobo. Este alcalde, repito, é un covarde; covarde por que intentou sen éxito atribuírlle a auditoría de tan rexeitada estatua  a un “suposto sector do viño”, covarde porque  no pleno levado  a cabo para dar explicacións, se escudou en mentiras e na mala educación (sobre todo dos seus concelleiros) para seguir negando o evidente e,  sobre todo, covarde porque ocultou a tódolos cambadeses e cambadesas   a data e o lugar da inauguración, mostrando unha falta de respecto sen precedentes  aos que a fin de contas se debe como alcalde; a que vén xogar ó gato e ó raton coa inauguración? a que viña facelo de maneira oculta e clandestina?   a que tiña medo? Con esta forma de proceder o alcalde, a parte de demostrar, repito,  que é un covarde, demostra que é o primeiro en recoñecer que nin a estatua era querida por unha parte  importante de Cambados nin o personaxe merecía tal homenaxe por parte  do noso pobo; ao final o acto converteuse no que, tristemente, estase a converter a festa do albariño nun acto do Partido Popular (iso si a conta das arcas municipais).

En canto ó presidente da Xunta, na liña da covardía do alcalde, nin sequera se atreveu a realizar o paseo dende o Concello ata o pazo de Fefiñáns, esperando no mesmo a toda a comitiva,  quizais, por non aguantar máis de catro piropos “cariñosos”, parece ser que só  da a cara cando é para recibir palmadas na espalda; dende logo non sei de que nos sorprendemos se a súa “alma mater”, seu presidente nacional e presidente do goberno Sr. Mariano Rajoy nin sequera da a cara nestes momentos tan delicados e importantes, delegando nos seus ministros sempre que pode e, incluso, realizando mais  rodas de prensa fora de España que no propio país.

Nestas festas mantiven unha conversa moi interesante cuns amigos sobre a conveniencia ou non de pedirlle aos políticos un mínimo de titulación académica (coma se pide en certas oposicións) para levar a cabo as súas funcións; eu persoalmente, defendía ó contrario, xa que si de feito o mellor empresario de España (Amancio Ortega), no só non estudou empresariais e ningunha universidade (era un simple dependente) e chegou onde chegou  sendo o seu método de facer moda e empresa un exemplo en todo o mundo, na política ocorre outro tanto, onde o sentido común debería prevalecer sobre calquer coñecemento técnico, e, sobre todo, pensar nos teus concidadáns a hora de facer política; desgrazadamente isto non ocorre en Cambados onde os seus políticos buscan o seu beneficio propio, intentando medrar a conta da política,   ou ¿acaso credes que, por exemplo, Tourís ten pensado volver a mesturarse  cos  chícharos, patacas  e  os pementos de Padrón, como empregado que era de Horsal? ¿el que agora é o superdelegado provincial da Xunta? nin de coña!!!….. á hora de deixar a alcaldía de Cambados tivo a precaución de deixar un fiel subordinado  ( o cal nin en soños se houbese imaxinado nunca  coma alcalde) que,  en caso, de volco electoral nas próximas eleccións autonómicas diralle: “gardáchesme moi ben o sitio pero aquí volvo a mandar eu” …….. senón tempo ó tempo.

No acto de inauguración da  estatua  de Fraga o alcalde veu dicir, nun tono solemne,    que “os pobos  que non recoñecen o labor dos seus antergos teñen o futuro perdido”,  bonita frase, Luís ( pensáchela ti só o axudáronche os teus asesores?)   persoalmente eu aconséllote que sigas esa premisa e te fixes nos seus antecesores no cargo, especialmente en quen pra min, honestamente, foi o mellor alcalde de Cambados dos últimos 50 anos,que non é outro que  Xoán Antonio Pillado Silvoso.

Este SEÑOR con maiúsculas a diferencia do seus sucesores, non veu a servirse da política, senón a servir á política, e sobre todo, servir ós seus veciños; este SEÑOR, a diferenza  dos seus sucesores non  lle custou un peso ó seu concello, xa que optou por seguir exercendo a súa profesión de mestre,  compaxinándoa coa seu cargo de alcalde, mentres que os seus sucesores, repito, optaron pola dedicación exclusiva mellorando, en algún caso,  ostensiblemente, os seus emolumentos con respecto os  traballos de orixe; este SEÑOR non levantou estatuas a persoas de dudosa credibilidade pero  levou servizos básicos como alcantarillado é auga,  non xa as sempre olvidadas parroquias senón, incluso, a partes do casco urbano que en ese tempo carecían delas; este SEÑOR non fixo da Festa do Albariño un festa partidista, nin un derroche de cartos (canto lle custou o xantar do albariño de este ano ós cambadeses, Luís?), pero instalacións que hoxe hai en calquera poboación,  por pequena que sexa, e daquela non existían en Cambados como foron o pavillón polideportivo e a biblioteca municipal, foron creadas estando Xosé Antonio Pillado Silvoso de alcalde.

¿Lémbraste Luís ( ti que compartes a mesma xeración ca min), a alegría que para nos, sendo rapaces,  representou, daquela, ter por fin unha instalación cuberta onde facer deporte? ou un lugar onde quedar para facer os traballos, tarefas ou deberes do colexio cos compañeiros? seguro que o recordas, pois, todo iso e moitas mais cousas fíxoas Xosé Antonio Pillado Silvoso en Cambados  sen contar cos apoios de partido que contas ti, por exemplo, na Deputación Provincial, na Xunta e, mais recentemente, no goberno central e, o que é mais importante, fixo nun tempo moi complicado dende o punto de vista social e político,  cunha recén estreada democracia, tras unha dura ditadura (da cal había sido un membro moi activo o teu amado Fraga) na que ser político no era tarefa fácil e que homes como Xosé Antonio Pillado Silvoso en Cambados ou o socialista Xosé Recuna Villaverde en Vilagarcía de Arousa decidiron afrontar  con valentía; eu xa sei, Luís, que isto o mellor che soa a batallitas do avó, pero ó fin o cabo, eres ti o que fala de recoñecer a labor dos antergos e, dende logo,  Cambados débelle moito mais ao Sr. Xosé Antonio Pillado Silvoso, ó que particularmente eu agradézolle toda a labor que levou a cabo no noso bendito pobo (e que non sempre se lle recoñeceu) que a ese sinistro personaxe ao que lle levantaches unha estatua…… perdón Luís!!! que non fuches ti que foi ese anónimo, segredo e escuro sector do viño, non? entón……se foi o sector do viño, Por qué nas fotos  da inauguración saes ti e Feijoo?….. salvo que Paloma  Lago (que tamén sae na foto) sexa unha adegueira encuberta, eu no vexo ningún membro de dito sector en primeira fila.

Para finalizar gustaríame que me explicases unha cousa, Luís,  hai uns días saíron publicados os 1000 concellos mais endebedados (e que este medio fíxose eco), onde Cambados ocupa o posto 752 cunha  débeda de 3.630.000 de euros, isto sobre un presuposto municipal de algo mais de 8.000.000 de euros,  curiosamente,  neses días saleu teu compañeiro de partido e alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tomas Fole, declarando que o seu concello estaba en quebra técnica, creo que falaban por unha débeda de 4.000.000 de euros, iso si sobre un presuposto de mais de 28.000.000 de euros, perdoa a miña ignorancia, Luís, (é que eu son de letras) pero vendo a débeda sobre o total do presuposto anual ¿Qué ten mais motivos para preocuparse? ¿é Tomas Fole un pesimista e ti un optimista?  Non dudes aclararmo.

Sen máis, un saúdo  a todos e disfrutade do resto do verán

 

Ricardo Domínguez Rey. 

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: