//
estás a ler...
., Cambados

Na rede son moitos os que aseguran que mañá sábado ás 20.30 quedaron con amigos n’A Calzada


Indignados. Así están moitos cambadeses que comprobaron onte como funciona a suposta liberdade de expresión e de reunión deste país. A protesta na rede foi en aumento desde que a Subdelegación do Goberno desautorizase, baseándose nunha mentira (o escrito estaba en prazo pola vía de urxencia),  a concentración de protesta pola estatua de Fraga en tan só dous minutos. Hoxe hai un evento no Facebook que xa circula con éxito, titulado “Eu tamén quedei o sábado 9 cun amigo na Praza do Concello”, no cal os usuarios manifestan a súa intención de pararse na Calzada arredor das 20.30 horas.

Para non dar lugar a dúbidas perante as autoridades, desde o evento recomendan ás persoas que teñan previsto quedar cun amigo a esa hora no Concello que non se agrupen en grupos de máis de 19 persoas para non dar lugar a un presunto incumprimento da Lei 9/1983 que regula o dereito á reunión e di : “A los efectos de la presente ley se entiende por reunión la concurrencia concertada y temporal de más de 20 personas, con finalidad determinada”.

Desde Cambados(tk) faremos o Domingo unha valoración de todo o acontecido nas últimas horas e tamén analizaremos o comportamento do Goberno de Cambados ao respecto.

Evento“Eu tamén quedei o sábado 9 cun amigo na Praza do Concello”

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: