Só cabe unha valoración positiva dos acontecementos vividos na última semana. A intención da convocatoria de concentración para o pasado sábado plantexouse coa fin prioritaria de facer chegar á cidadanía a intención do goberno local de colocar unha estatua adicada a Manuel Fraga no Pazo Torrado, ademais de explicar tres motivos básicos para opoñerse a ela.
Logo dos intensos últimos días ese obxectivo fundamental foi cumprido. É máis, a concentración espontánea foi un éxito tendo en conta as condicións. Por un lado, o día de temporal que se viviu durante todo o sábado e polo outro a confusión xerada coa desconvocatoria formal 48 horas antes da protesta. CTK tivo que dar o paso de desvincularse da concentración para non exporse a unha sanción económica por parte do Goberno e moita xente interpretou ao ler a prensa que a convocatoria non tería lugar finalmente. Ademais, o reparto de información tivo que ser cancelado ao non existir convocatoria formal. Seguir lendo