//
estás a ler...
., Cambados

A presión social consegue sacar á luz o tema da estatua


Só cabe unha valoración positiva dos acontecementos vividos na última semana. A intención da convocatoria de concentración para o pasado sábado plantexouse coa fin prioritaria de facer chegar á cidadanía a intención do goberno local de colocar unha estatua adicada a Manuel Fraga no Pazo Torrado, ademais de explicar tres motivos básicos para opoñerse a ela.

Logo dos intensos últimos días ese obxectivo fundamental foi cumprido. É máis, a concentración espontánea foi un éxito tendo en conta as condicións. Por un lado, o día de temporal que se viviu durante todo o sábado e polo outro a confusión xerada coa desconvocatoria formal 48 horas antes da protesta. CTK tivo que dar o paso de desvincularse da concentración para non exporse a unha sanción económica por parte do Goberno e moita xente interpretou ao ler a prensa que a convocatoria non tería lugar finalmente. Ademais, o reparto de información tivo que ser cancelado ao non existir convocatoria formal.

Por suposto, o anuncio do xoves do Goberno de Aragunde conforme o Concello non poñería un euro para a estatua foi tamén froito das protestas tanto online como na rúa. A semana anterior os adegueiros non coñecían (preguntados por FARO) que eran eles os impulsores da idea e que a financiarían entre os apoiantes. Quedou patente que o anuncio de Aragunde foi máis unha saída para acalar as críticas, unha improvisación, que un plan pensado de antemán. É preciso seguir vixiantes posto que Aragunde non pechou aínda as portas a unha eventual aportación de cartos por parte doutras institucións (que ao final pagaríamos todos).

Tamén compre, ademais de felicitar a toda a xente que participou ben na rede, ben na rúa, para que a presión fose unha realidade; aos compañeiros da prensa comarcal que finalmente e sobre todo a partires da suspensión por parte da Subdelegación da protesta cubriron o tema amplamente.

CONCENTRACIÓN DE AMIGOS

Unhas duascentas persoas acudiron espontaneamente (quedaran na Calzada con amigos) ás 20.30 horas do sábado e corearonse consignas en contra da estatua. As conversas xiraban entorno ao escepticismo sobre a suposta financiación da escultura por parte do mundo do viño, o desafortunado da escolla do ex ministro franquista e ex presidente; e despregáronse dúas pancartas ademais do reparto de carteis e pegatinas. A Garda Civil acudiu ao acto pero permaneceu nun lugar alonxado, aínda que un par de axentes tomaron fotografías das persoas na Praza.

Desde Cambados(tk) estase valorando a posibilidade de organizar unha gran protesta para dentro de 2-3 semanas, que conte cos permisos pertinentes e que sexa preparada axeitadamente para dar unha resposta contundente ao Goberno de Aragunde. Nos próximos días a nosa consigna vai ser clara: A estatua se o “mundo de viño” ou “o mundo do PP” a queren só teñen que cumprir DÚAS CONDICIÓNS. Primeira: debe ser pagada cos seus cartos, exclusivamente. Segunda, debe ser colocada fóra de terreos públicos do Concello de Cambados. Se é certo que algúns adegueiros están pola homenaxe, entón estarán dacordo en colocala en terreos da súa respectiva adega.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: