O voceiro do BNG en Cambados, Víctor Caamaño, vén de presentar outro escrito solicitando información relativa ao caso Pinal de Maza. Concretamente, o nacionalista refírese aos expedientes nº 46/2012 (solicitado por Dismaterra SL) e o nº 81/2012 (solicitado por Cancelo CB) sobre plantación de viñedos. Lembrar que desde o Bloque se denunciara que se realizara unha obra sen existir licenza municipal e sen solicitar os pertinentes permisos medioambientais e a Patrimonio. No caso estarían implicados un concelleiro do PP de Cambados e familia do delegado da Xunta, Cores Tourís.
Xa é a segunda vez que Víctor Caamaño solicita esta información por escrito e van varias “visitas e correos electrónicos á Secretaría” sen que houbera polo de agora resposta da Alcaldía, que como en tantos temas, garda silenzo.
VALEDOR DO POBO OUTRA VEZ
Do mesmo xeito que Caamaño escribiu hai uns días ao Valedor do Pobo para tratar de que o Concello cumpra os dez días de prazo legal na facilitación de actas das Xuntas de Goberno, agora o portavoz do BNG remitiulle un escrito ao Valedor no que lle pide que interceda para que Luís Aragunde lle responda a numerosas cuestión acerca da contratación dun asesor xurídico.
Conversa
Aínda non hai comentarios.