O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández, remitiu un escrito ao portavoz do BNG de Cambados no que lle informa que a súa queixa foi admitida a trámite. O Bloque protestaba ante esta institución porque o Goberno de Luís Aragunde leva máis de catro meses sen remitir información (como as actas das Xuntas de Goberno) aos grupos da oposición, cando a lei dálle ao Concello un máximo de dez días para facelo. O Valedor do Pobo informa ao BNG de que iniciou “as actuacións oportunas” e de que lle vai requerir ao Concello un informe sobre o caso. Seguir lendo