//
estás a ler...
., Cambados

O Valedor do Pobo admite a queixa do BNG contra o Concello pola demora en entregar información


O Valedor do Pobo en funcións, José Julio Fernández, remitiu un escrito ao portavoz do BNG de Cambados no que lle informa que a súa queixa foi admitida a trámite. O Bloque protestaba ante esta institución porque o Goberno de Luís Aragunde leva máis de catro meses sen remitir información (como as actas das Xuntas de Goberno) aos grupos da oposición, cando a lei dálle ao Concello un máximo de dez días para facelo. O Valedor do Pobo informa ao BNG de que iniciou  “as actuacións oportunas” e de que lle vai requerir ao Concello un informe sobre o caso.

Víctor Caamaño, á espera de que se resolva o asunto, volve a insistir en que a falta de transparencia do executivo de Aragunde responde a intereses electorais, posto que o BNG non pode fiscalizar correctamente o labor do goberno ao non coñecer moitas cuestións polas que pregunta. Para Caamaño, Aragunde está a demostrar o seu carácter antidemocrático, que se traduce na imposibilidade de que os concelleiros exerzan o seu dereito a coñecer os pormenores de asuntos como o do Pinal de Maza ou da estatua de Fraga, entre moitos outros.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: