“O PP cede ante os medios pero non ante a lei”, así anunciaba Víctor Caamaño (BNG) que o Goberno de Cambados acababa de poñer fin a unha espera de meses para enviar a documentación oficial á oposición tras múltiples queixas -a última ao Valedor do Pobo-. Para o Bloque non se trata máis que dunha estratexia para entorpecer o labor da oposición e que non se saiba “o que ocorre no Concello de Cambados”. A pesar de que Caamaño recibiu as actas dos meses de Febreiro, Marzo, Abril e Maio, non se adxuntaron as tres do presente mes, pese a que a lei é clara ao respecto: dez días como máximo. Seguir lendo
Durante esta fin de semana, concretamente os días 23 e 24, terá lugar no Salnés a I Ruta do Albariño de Ciclismo, organizada polo Clube Ciclista de Cambados en colaboración coa Federación Galega deste deporte, os Concellos de Cambados e Meaño e o estabel Seguir lendo
O BNG presentou unha moción para o seu tratamento en Pleno da Corporación sobre a estatua de Fraga. Na exposición de motivos, o voceiro nacionalista sinala que a súa formación se enterou da compra da escultura encargada a Lucas Míguez por medio da prensa, e que a presión social fixo que o Concello incurrise en contradicións sobre quen financiaría a “obra”. Seguir lendo