//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde remítelle ao BNG as actas dos últimos meses


“O PP cede ante os medios pero non ante a lei”, así anunciaba Víctor Caamaño (BNG) que o Goberno de Cambados acababa de poñer fin a unha espera de meses para enviar a documentación oficial á oposición tras múltiples queixas -a última ao Valedor do Pobo-. Para o Bloque non se trata máis que dunha estratexia para entorpecer o labor da oposición e que non se saiba “o que ocorre no Concello de Cambados”. A pesar de que Caamaño recibiu as actas dos meses de Febreiro, Marzo, Abril e Maio, non se adxuntaron as tres do presente mes, pese a que a lei é clara ao respecto: dez días como máximo.

A entrega coincide coa publicación dunha nova por parte do Faro de Vigo – Arousa na que se poñen de relevo os tempos de entrega de documentación das diferentes alcaldías do Salnés aos grupos políticos. A conclusión do citado artigo pódese comprobar co titular do mesmo, e é ben clara: “Cambados es el ayuntamiento dónde más se tarda en informar a la oposición”. O Bloque ve claro que a entrega da documentación por parte de Aragunde é máis pola presión mediática que polo nulo respecto amosado á lei, e que pon en dúbida o seu talante democrático e boa fe como alcalde. Caamaño asegurou que a súa formación seguirá a pedir transparencia, e no tema das actas, que se cumpra estritamente coa lei.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: