//
estás a ler...
., Cambados

O vindeiro pleno debatirá sobre a estatua de Fraga


O BNG presentou unha moción para o seu tratamento en Pleno da Corporación sobre a estatua de Fraga. Na exposición de motivos, o voceiro nacionalista sinala que a súa formación se enterou da compra da escultura encargada a Lucas Míguez por medio da prensa, e que a presión social fixo que o Concello incurrise en contradicións sobre quen financiaría a “obra”.

Víctor Caamaño salienta que a posición do Bloque foi desde o comezo a de estar en contra da decisión do goberno, principalmente pola natureza da personaxe homeaxeada “intimamente ligado ao rexime ditatorial franquista” do que, asegura “nunca renegou”. Sinala que durante a súa traxectoria política houbo méritos, pero “dos cales discrepamos as diferentes forzas políticas” que fan a Manuel Fraga “unha  figura controvertida”. Caamaño opina que instalar unha estatua destas características require un consenso absoluto dos representantes do Concello, como ben ocorreu coas de Cabanillas ou Asorey, e iso non existe neste caso.

Por isto, o BNG defende que o Concello non aporte ningunha cantidade económica para a estatua e que non permita a instalación, en espazo público do Concello de Cambados, dunha escultura a Fraga con independencia da fonte de financiación. Aínda non hai data fixada para o vindeiro pleno.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: