Durante esta fin de semana, concretamente os días 23 e 24, terá lugar no Salnés a I Ruta do Albariño de Ciclismo, organizada polo Clube Ciclista de Cambados en colaboración coa Federación Galega deste deporte, os Concellos de Cambados e Meaño e o estabelecemento Salnés Bici. Trátase dunha competición dirixida ás categorías Máster e Junior.
A primeira parte da proba, o sábado á mañá, consiste nunha cronoescalada desde Meaño até o alto d’O Busto (3 quilómetros). Pola tarde os participantes terán que percorrer 54 quilómetros nun trazado que parte e remata en Meaño e atravesa lugares como Vilalonga, A Lanzada, San Vicente, Portonovo ou O Pazo. O domingo os corredores farán 69 km nun circuito de tres voltas que parte de Cambados e vai por Pontearnelas, Leiro, Ribadumia e O Pazo. A semana pasada o CC Cambados que preside Tito Falcón, xa contaba con 100 inscricións junior e 150 máster. Info na páxina da Federación e sobre todo no blog do Club Ciclista Cambados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.