//
estás a ler...
., Cambados

O Pleno con debate sobre a estatua de Fraga será o vindeiro martes 26 ás 21 horas


Anunciábamos aquí hai uns días que no vindeiro pleno da Corporación terá lugar un debate sobre a estatua de Fraga ocasionado pola presentación dunha moción por parte do grupo do BNG. A formación encabezada por Víctor Caamaño forzará con esta moción a que por primeira vez este tema chegue ao pleno, xa que o equipo de goberno nin sequera informara aos grupos da oposición da súa intención de encargar dita obra, a pesar de que se sabe que xa está a ser realizada nun taller da comarca.

O debate ten a súa importancia, a pesares da maioría absoluta do PP, porque Aragunde terá que respostar publicamente sobre este tema ao que tan só se referiu en contadas ocasión e na prensa, nunca abertamente e con transparencia. Neste sentido, a día de hoxe, os cidadáns de Cambados seguen sen saber moi ben como se vai financiar a estatua, xa que en principio ía ser pagada polo Concello con axuda doutras administracións pero logo o alcalde, ante a presión social e mediática, afirmou que se faría “mediante suscrición popular”. Veremos se nese pleno temos máis respostas. Martes 26 de Xuño ás 21 horas, e como todos é aberto ao público ao que lle interese o asunto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: