O Albariño 2012 musical case que ten todas as incógnitas despexadas. Se a semana pasada sabíamos que actuarían Macaco e Manolo Escobar, hoxe o Diario de Arousa desvela que farán o propio o coruñés Xoel López e tamén a banda roqueira denominada Los Corizonas, que xurdiu da unión de Los Coronas e Arizona Baby. O de Xoel será o “concerto estrela”, xa que a súa páxina o anuncia para o Sábado do Albariño (4 de Xullo). Tamén La Voz de Arousa anuncia que a participante de Eurovisión Soraya actuará na Gala do Albariño.
Deste xeito, os concertos do Albariño poderían quedar así:
(esta información está aínda por confirmar)
Mércores 1 de Agosto – Los Corizonas
Xoves 2 de Agosto – Gala do Albariño: Soraya, La Guardia e Manolo Escobar
Venres 3 de Agosto – Macaco
Sábado 4 de Agosto – Xoel López
E non se pode cambiar o día do concerto de Corizonas por Xoel?