O conselleiro de Medio Ambiente visitou Cambados este sábado para “inaugurar” a Avenida de Galicia, renovada este ano, e aproveitou para anunciar máis unha vez o saneamento do Saco de Fefiñáns. Este sería un paso previo á instalación das famosas comportas.Segundo o conselleiro existen dous proxectos incluidos no saneamento, o primeiro o de instalar unha bomba que recolla algún dos verquidos directos no río que desemboca no Saco. O segundo, de maior inversión e aínda “en estudo” incluiría un novo tanque para regular as augas pluviais e tamén a fin de verquidos directos de casas e colectores ao río.
A primeira parte contaría cunha inversión de 100.000 euros e a segunda ascende a máis de 1.5 millóns. Lamentabelmente esta última, que semella a máis relevante, carece de prazos e de asignación, polo que é posible que non foran máis que palabras con motivo da visita do conselleiro a Cambados.
Conversa
Aínda non hai comentarios.