Este xoves día 28 de Xuño o histórico líder do nacionalismo, Xosé Manuel Beiras Torrado, participará nun encontro aberto en Pontevedra. Será ás 20 horas no IES Sánchez Cantón (Avenida Raíña Victoria) e falará da necesidade de crear un novo movemento político cidadán. Tamén servirá o acto para presentar a asemblea nacional que terá lugar en Compostela o vindeiro 14 de Xullo, no que se creará a nova organización até agora denominada temporalmente “Novo Proxecto Común”, que xa amosou a súa intención de participar nos comicios autonómicos que poderían ter lugar neste outono. Organiza o acto a Asemblea Nacionalista de Pontevedra.
Conversa
Aínda non hai comentarios.