//
estás a ler...
., Cambados

O PP vota a favor da estatua de Fraga nun pleno tenso [INCLÚE VÍDEOS]


O pleno do martes foi fóra do habitual. Non só pola data, xa que non foi no último xoves do mes senón en martes. E segundo porque se traía un tema a debate que suscitaba interese na cidadanía. Así quedou patente, tamén nas intervencións dos portavoces.

Un dos puntos do día era o debate da moción do BNG en contra da financiación e da colocación dunha estatua de Manuel Fraga en chan público de Cambados. O portavoz nacionalista, esgrimiu basicamente dous argumentos: un, o ideolóxico, Fraga foi parte dun rexime fascista do que nunca renegou e a súa xestión na democracia tampouco reúne o consenso da cidadanía: é unha figura partidista; o segundo, o económico, en tempos de crise non é de recibo que se invirtan eses cartos nunha escultura deste tipo. Preme en Ler Máis para continuar a ler a crónica e ver os vídeos do pleno.

Precisamente o financiamento foi un dos temas que saiu a relucir, xa que o pleno chegou sen que se soubera quen vai pagar a obra; nese sentido preguntou tamén o voceiro do BNG. Desde o grupo socialista, Fátima Abal (ausentouse o portavoz) apoiaba a moción baseándose na escaseza de recursos (puxo o dedo na suba de taxas e na situación económica do Concello) e no controvertido da proposta. Ademais criticou que non se seguiran as canles lóxicas para levar adiante unha iniciativa deste tipo, e toda a información que existe sexa pola prensa.

ARAGUNDE NON ACLARA NADA, NIN SEQUERA QUEN PEDIU A ESCULTURA

Os concelleiros do PP votaron todos a favor da escultura de Fraga

O alcalde, Luís Aragunde, acusou aos grupos da oposición de ser os culpábeis de que exista conflito na rúa por este tema. Ademais, como xa dixera nos medios, repetiu máis unha vez o mantra “Fraga fixo moito por Cambados”. Pero non quixo ir moito máis alá nin aclarar máis temas. Sobre quen encargou a estatua (Caamaño insistitu que o propio escultor lles dixera que fora o Concello) incurriu en contradicións ao rexeitar por un lado que a estatua fora encargada polo Concello mentres por outro lado afirmou que o Concello “levara a iniciativa” logo dunha petición do “sector do viño”. Sector do viño que seguimos sen coñecer cal é. Antes as queixas da oposición, que reflectiron o feito de que algúns adegueiros se manifestaran en contra da estatua, Aragunde dixo que non ía desvelar os nomes salvo que o suposto “sector do viño” así o quixera. Chamou a atención que o alcalde afirmara que non todo o que saira na prensa fora verdade, como o do financiamento por parte do Concello ou que Tourís e Rosa Oubiña visitaran o taller coa escultura. É curioso que se poña en dúbida iso a non ser que se crea que o xornalista inventou a anéctoda, o cal parece un disparate que sacou da manga Aragunde no pleno.

O ALCALDE INTERROMPE Á OPOSICIÓN 

O momento máis tenso viviuse na réplica do voceiro nacionalista, que ao mentar outra vez o pasado ditatorial de Fraga, veu a súa intervención interrompida polo Alcalde en varias ocasions (mira o vídeo) que tachou ese argumento de “demagoxia” e exclamou que “Cando morreu Franco eu tiña 4 anos”, ao que Caamaño respostou “aínda hai xente buscando aos seu mortos” en referencia aos crimes do rexime no que Fraga participou. Estas afirmacións provocaron unha reacción aínda máis airada de Aragunde, ao que lle custou manter a compostura, xunto con algúns dos seus concelleiros, un deles aplaudiu de xeito burlesco ao portavoz do BNG. Outra anécdota que pon de manifesto a importancia que lle dá o PP aos plenos (tendente a cero) foi cando un dos concelleiros populares se levantou no medio do debate, con caixa de tabaco en man para saír a fumar no transcurso da sesión, ante a incrédula mirada dos asistentes.

VOTACIÓN: PSOE E BNG SECUNDAN A MOCIÓN E PP OPONSE

Aragunde quixo ir rapidamente ao desenlace do punto do día: a súa votación; de feito en varias ocasións sinalou que eles “non querían entrar en debate”. O resultado era de esperar e poñería punto e final (polo menos nese pleno) á discusión. Votos a favor? Os tres concelleiros do Bloque e os dous presentes do PSdeG. Votos en contra dos concelleiros do PP presentes no pleno. A moción rexeitando a estatua quedaba desestimada e apenas se sacara nada en claro que non se soubera pola prensa.

VÍDEOS: Abaixo tes á túa disposición todos os vídeos coas diferentes intervencións, e tamén podes acceder a eles a través dunha lista de reprodución de Youtube. Pedimos desculpas porque un deles (unha das intervencións do PSOE) está cortado por un problema coa cámara.

Conversa

2 thoughts on “O PP vota a favor da estatua de Fraga nun pleno tenso [INCLÚE VÍDEOS]

  1. Eurocopas en Cambados. Dicíame un amigo que falando cun”facha”comentáballe que apoiar á seleción
    española de futbol sen o aguiucho sen ser un verdadero español,é dicir FACHA,era como follar sen amor,non se sentía e non se entregaba ún coma cando estabas namorado.Ao PP de Cambados igual que o de todo o país pásalles o mesmo,están en democracia,gañan cn maiorías absolutas,corrompen coa axuda do PSOE as regras de xogo pero non disfrutan por que non están namorados,non acaban de entender iso de ser libres(mesmo liberais)nen que se gañas non debes facer o que che daba a gaña senon consensuar,reflexionar,entender,non.O que lles contou Papá foi sempre unha historia parella á de D.Manuel Fraga,sé camaleónico índa que leves un facha dentro,apégate ao poder que algo sacas,e sirve a quen sirveu.Nuñez frijolito é o claro exemplo até cheg

    Posted by xan galban galiñanes | 28/06/2012, 9:44 pm
  2. até chegar a dicir quesendo novo votara non no referendum da OTAN,claro en Cambados gañou tamén o non,umha vila moi de esquerda como o que aparece no video JOSE-PEPE”un funcionario más”,e nós os outros(négome ao alcume pepero dos de sempre)esperando a Manolo Escobar na festa do Albariño para lembrar a Eurocopa,que se lles amargue

    Posted by xan galban galiñanes | 28/06/2012, 10:14 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xuño 2012
L M M X V S D
« May   Jul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: