Agora xa temos claro, todos os cambadeses e cambadesas, que a proposta para facer unha escultura a Manuel Fraga en Cambados é unha idea orixinal do PP. A verdade é que isto xa o supoñiamos desde que o anuncio foi feito público. Tamén sabemos agora que Luís Aragunde minte con total facilidade e sen inmutarse o máis mínimo. Pode afirmarse, polo tanto, que é un digno representante, en Cambados, de Mariano Rajoi; ese presidente que non subirá os impostos, o que non pedirá o rescate a Europa, o que non subirá o IVE, o que non aplicará o copago dos medicamentos, o que non reducirá as partidas para sanidade e educación…Tampouco lle ten nada que envexar a Núñez Feijoo; ese que ía solucionar o problema do paro en Galiza en 45 días. Parece ser que os cargos do PP están cortados polo mesmo patrón; o importante, para eles, é manterse no posto aínda que para iso haxa que mentirlle á sociedade sen ningún pudor.
No pasado pleno escoitamos, incrédulos, como o alcalde de Cambados negaba, diante dos periodistas e das cámaras, afirmacións que fixera anteriormente a eses mesmos medios. De feito puidemos coñecer, estes pasados días, o malestar dalgún medio de comunicación que tivo que demostrar, publicamente, que Luís Aragunde mentiu na última sesión plenaria ao negar cousas que publicara este medio con respecto a anteriores declaracións do alcalde.
Unha das principais estratexias políticas do PP consiste en tentar confundir ao cidadán, facéndolle crer que o concello é o PP son a mesma cousa. E para iso, en ocasións, chegan a extremos tales como o fixeron neste caso, pois inicialmente tiñan pensado pagar a súa escultura con cartos do concello e das Administracións públicas. Pero ante as críticas do BNG e doutros sectores sociais recorreron, con total desprezo, ao sector do albariño para ocultar que o PP era o verdadeiro impulsor da escultura. Actuaron con total desprezo cara ao sector do viño que lle cargaron o “pato” sen comelo nin bebelo. O pobo de Cambados non merece uns gobernantes como os do PP.
Tamén, no pasado pleno, tivemos a oportunidade de ver a un Luís Aragunde actuar coma un verdadeiro “hooligan”; facendo todo un alarde de saber estar e comportarse. Parece ser que este tipo de comportamento e a futura colocación da estatua de Fraga no Pazo Torrado, auguran o que nos agardará no próximo xantar do albariño. Un xantar totalmente “pepero” e extremadamente “facha”. E mentres os gobernantes do PP están centrados en labores tan “interesantes” como construír unha estatua a Manuel Fraga, o paro segue a aumentar, os impostos seguen a subir, a protección social segue a baixar e as persoas máis necesitadas están a quedar desamparadas e esquecidas pola Administración.
Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.
Despois de leer nos medios como discorreu o pleno do pasado martes 26 de xuño onde se tratou o tema da estatua de Fraga, debo de dicir que non acabo de saír do meu asombro e, por outra parte, sígome a preguntar como se pode seguir mentindo de forma tan miserable a todo un pobo.
O alcalde segue tratando de convencernos de que a idea partiu dun grupo de adegueiros e cosecheiros, iso si, sen dar os nomes deses homes tan agradecidos a Don Manuel; acaso teñen vergoña a que se sepa quenes son? teñen medo a que os apedren pola calle?.
Dende logo isto é a primeira vez que ocorre na Historia (e soamente podía ocorrer en Cambados)… ata agora cando un goberno (municipal, autonómico ou estatal), empresa (pública ou privada), asociación ou calquera entidade en xeral, quería facerlle unha homenaxe a unha persoa, acontecemento histórico ou data significativa, seguíanse unha serie de pautas máis ou menos establecidas : o primeiro facer público dita intención, seguidamente recadar ideas, opinións, suxerencias; a continuación, buscar financiación, máis adiante elixir o lugar onde se instalará dita estatua ou que rúa será a elixida para levar o nome e, finalmente, a inauguración.
Pois ben, como dicía anteriormente, case me atrevo a afirmar que é a primeira vez na Historia da humanidade que temos unha estatua, unha ubicación e unha data aproximada de inauguración, e (como na obra de Luigi Pirandello “seis persoaxes en busca de autor”) só falta atopar a un promotor ou promotores que se responsabilicen da súa intención de levantala, alguén que diga : “a idea partiu de min… un esperpento total; se non fose porque estamos a falar do honor, da reputación do pobo e da xente de CAMBADOS, sería para botarse a rir.
Aínda que tamén cabe a posibilidade de que a idea partise do Sr. Alcalde, quizais por iso dos primeiros en ver a maqueta de tan controvertida estatua foron destacados membros do Partido Popular da zona, e, quen sabe,se son os verdadeiros promotores da escultura.
A continuación reproduzo parte da excelente entrevista que Anxo Martínez (do Faro, podes lela aquí), realizoulle ó noso sr. Alcalde, non ten perda porque da mesma se poden sacar interesantísimas conclusións que analizaremos a continuación:
–¿Qué hará si en la concentración contra la estatua de Manuel Fraga se juntan cientos de personas?
–La idea de poner esa escultura salió del sector. Fueron los viticultores y los bodegueros quienes nos lo pidieron. De hecho, se va a abrir una cuenta bancaria para que las personas que quieran puedan colaborar económicamente, y del ayuntamiento no va a salir ni un solo euro para la estatua. De hecho, tras toda esta polémica todavía han venido más bodegueros y productores a decirnos que quieren poner dinero.
–Pero, con independencia de quién tenga razón, lo cierto es que se cometió un error de forma por su parte, porque vieron antes la maqueta personas del PP que no tienen nada que ver con el ayuntamiento, y los del BNG y el PSOE local ni siquiera sabían que existía.
–Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención. Se ha generado una polémica política injustificada. A los que están en contra les da lo mismo lo que se gaste. Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política. Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño. Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político.
Por favor, perdoarme pola expresión pero…. HAI QUE TER UNS COLLONS COMO OS DO CABALO DE ESPARTERO!!!, como se pode contestar así e quedarse tan pancho, na miña vida vira tantas tonterías e tantas mentiras concentradas en tan pouco espazo, empecemos :
“Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño”.
A pregunta está clara: ¿que foi o que fixo polo sector do albariño? Dende aquí reto o señor alcalde de CAMBADOS, a que presente un documento, soamente un documento, en calquera soporte xa sexa un discurso escrito, manifestación en prensa, radio televisión etc. , loxicamente, fora do entorno de Cambados e da súa festa, en calquera parte de Galicia, España ou do mundo onde alabe ou promocione o albariño, xa sei que en Cambados realizou moitos discursos, normal, se a min e a aos meus colegas nos invitasen, por exemplo, á Festa do Queixo de Arzúa, me fixesen a pelota o alcalde e os concelleiros, como fixeron con Fraga en Cambados, normal que lles dedicase unhas palabras de agradecemento pero de iso a dicir que fixo moito polo albariño xa e unha falacia. Fraga non fixo nada, repito, nada polo albariño, unicamente encher o bandullo a conta de bebelo.
“Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político”
Dicir isto soa tan ridículo, tan estúpido, tan bobo e como si mañán o alcalde de Londres dedícalle unha estatua a Jack “ O destripador” pero aclara que vai dedicada ó persoaxe que tanto promocionou o Londres victoriano, o Londres do século XIX, non ao Jack asasino; cando Fraga viña a Cambados viña con todas as súas circunstancias, con todo o seu pasado, Fraga foi presidente da Xunta pero tamén foi ministro de Franco, do cal nunca tivo o mais mínimo arrepentimento, ministro de un asasino comparable a Hitler, ministro dun militar golpista que derrocou un goberno democraticamente constituído, non me vale que o alcalde diga que cando Franco morreu el tiña catro anos, eu tiña cinco anos, pero molesteime en documentarme, aconséllolle Sr. alcalde que visite a biblioteca municipal, esa que tantos cartos costou ó pobo de CAMBADOS e que seguramente non visita desde a inauguración, alí atopará bibliografía moi interesante do que representou o franquismo, e se quere hasta pódolle recomendar algún título. Ademais o propio alcalde renega do pasado de Fraga cando di “no al Fraga político” como si o quixese ocultar ou olvidar ese aspecto de Fraga, creo que o subconsciente xogoulle unha mala pasada. En canto o de “(…..) al Fraga que se emocionaba cada vez que venia aquí (…..)” , está claro que vamos a acabar chorando todos coas emocions de D. Manuel; a min, sen embargo, o que me emociona e saber que mais de 70 anos despois, moitos segan a buscar onde están enterrados o restos da súa familia, dos seus pais, dos seus avós, xente que o único delito que cometeu foi non pensar o mesmo que os correlixionarios de Fraga, e que por iso foron sacados das súas casas, de noite, pegáronlle un tiro na nuca e enterrados nun fosa común quen sabe onde, e vostede venme a falar dun Fraga emocionado ao leer un estúpido discurso.
“Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención.”
Nesta frase do sr. Alcalde concéntrase toda a mentira en canto a autoría da estatua, vamos a ver, Sr. Alcalde, se a idea da estatua partiu do sector do viño, por que carallo os primeiros en ver a maqueta da mesma foron dirixentes do PP, antes do suposto “sector do viño” e o máis importante, se foi unha iniciativa privada, porque o Srr Alcalde, a primeira autoridade do pobo, sae como un can faldeiro, como un pelele a xestionar unha subvencion pública para, repito, unha iniciativa privada, en mans de quen está o municipio de Cambados? se mañá, por poñer un exemplo, o sector do xoguete do Salnés quere levantarlle unha estatua a Bob Esponja por ter salvado as súas ventas; ou todos puteros da Ráa de Arousa, se presentan no Concello, para reclamarlle un monumento a esas mulleres da vida que nun momento de apretón aliviaron os seus instintos máis baixos… entón, facilitaralles un parque municipal e, tamén, buscará unha subvención tan alegremente? A idea da estatua saiu do Concello e se de verdade existira ese sector do viño, a que vén iso de ocultar os nomes, máis aínda cando se quere levantar nunha praza que pertence a tódolos cambadeses?
“Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política.”
Sinceramente como se pode ter tanta cara, tanto morro e (perdón pola expresión) non caerlle os collóns ao chan cando declarou iso? o albariño e a súa festa está politizada de forma descarada polo PP, con dar un rápido repaso a lista de políticos e persoaxes que foron feitos Cabaleiros do albariño ou invitados á nosa festa podemos facernos unha idea, por poñer algún exemplo dende todos os conselleiros da Xunta e alcaldes da zona (iso si do PP), políticos como Francisco Álvarez Cascos, Jaume Matas ( ese político do que todo o mundo renega no PP ahora que está a punto de entrar na cadea), Mariano Rajoy, Ana Pastor etc. a famosos da sáa corda como : Norma Duval, Sánchez Dragó Bertín Osborne etc; repito, hai que ter moita pero que moita cara para facer esa afirmación.
Fai un tempo cando Xosé Manuel Cores Tourís deixou a alcaldía para ocupar o seu actual cargo de Delegado Provincial, falaba eu cun afiliado do PP e para tirarlle do xenio dicíalle que ahora que se ía Tourís, quizás, nas seguintes municipais poderían perder a alcaldía. A súa resposta máis o menos textual foi esta: “Mira “Ricardo, se ben nas municipais sempre se vota máis á persoa que noutras eleccións, só coa masa fiel que segue siglas do PP, máis os votos de todos os enchufados e a súas familias que poden pensar que irían á rúa aínda que puxésemos de candidato a un burro auténtico dos de catro patas, gañaríamos de calle; ademais o actual alcalde é un home de palla, un pelele… o que seguirá a dirixir o cotarro será Tourís”. Acordábame de esa conversación, estes días, pensando se non tivera sido mellor que tivesen optado pola opción do pollino, dubido que o fixese peor.
Por certo este mesmo coñecido, este afiliado do PP ( chamémoslle J.) botábame en cara que eu coma moitos criticásemos o excesivo gasto da Festa do albariño, empezando pola comida do Parador, e deciame, entre coñas, que moito criticar pero de invitarnos todos iríamos. Pois ben o que suscribe estas liñas, ou sexa, eu, estiven invitado 3 anos seguidos (Festa do albariño de 1998, 1999 e 2000) a dita comida no Parador, e, en ninguna ocasión fun, en primeiro lugar porque me parecía (e me segue a parecer) escandaloso, pornográfico que só na comida se gastasen mais de 30.000 euros ( con eses cartos moitos pobos pagan todas as súas festas patronais) e, sobre todo, non me apetecía compartir mesa cun persoaxe como Manuel Fraga e máis de catros pelotas e aduladores que o acompañaban, sinceramente quitaríanme as ganas de comer.
Toda esta polémica da estatua xerouse por un alcalde que segue a tomarse o Concello de CAMBADOS coma a súa finca particular, a tratar a todos os cambadeses e cambadesas de ignorantes, realmente a estas alturas da película, pode haber quen se crea que a estatua sexa unha iniciativa “do sector do viño”, se o alcalde de CAMBADOS tivese un mínimo de cultura democrática, se reflexionase, pediría perdón (non e tan complicado hasta o Rei xa o fixo), pero creo que o seu orgullo impídello, con esta actitude esta a prostituír, a manchar o bo nome de CAMBADOS, en beneficio propio, en dende logo eu como cambades é algo que non podo admitir.
Ricardo Domínguez Rey.
O coñecido xuíz Baltasar Garzón vén de presentar o seu novo proxecto: unha Fundación Internacional que promova os dereitos humanos e a xurisdición internacional, ademais de potenciar unha cultura de activismo, promoción, desenvolvemento e defensa dos dereitos humáns. A fundación creouse en decembro, algo máis dun mes antes de que Garzón fora inhabilitado durante once anos, nunha decisión moi controvertida do Tribunal Supremo. Seguir lendo
En CTK non nos treme a man para exercer a crítica, nin sequera aos amigos dos medios comarcais, aínda cando sabemos de sobra que a nosa crítica non se dirixe aos xornalistas senón á liña que, en todo caso, se lles impón. Pero cando hai que felicitar a un medio tampouco podemos calalo. O artigo do Faro de Vigo de hoxe é unha mostra que pon de relevo os bos profesionais que traballan nos medios do Salnés.
A nova en cuestión pon de manifesto que a repetida consigna do PP de que a estatua de Fraga non foi encargada polo Concello senón que foi solicitada por un indefinido “mundo do viño”, é simplemente mentira. Xa o tiñamos claro, pero o xornalista do Faro realizou un inquérito entre as principais adegas dos arredores e case todas as entrevistadas negaron coñecer os plans de instalar esta estatua en Cambados. Entre elas, as máis grandes: Martín Códax e Condes de Albarei, que xuntas suman a máis de 600 familias da comarca. Ademais, moitos dos adegueiros cuestionados por FARO negaron incluso estar dacordo coa colocación da escultura, outros dixeron non estar en desacordo pero negaban que o plan partise deles. Seguir lendo