//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

As mentiras dun alcalde pelele ou como intentar tratar a todo un pobo como ignorantes


Despois de leer nos medios como discorreu  o pleno do pasado martes 26 de xuño onde se tratou o tema da estatua de Fraga, debo de dicir que non  acabo de saír  do meu asombro e, por outra parte, sígome a preguntar  como se pode seguir mentindo de forma tan miserable a todo un pobo.

O alcalde segue tratando de convencernos de que  a idea partiu dun grupo de adegueiros e cosecheiros, iso si,   sen dar os  nomes deses homes tan agradecidos a Don Manuel; acaso teñen vergoña a que se sepa quenes son? teñen medo a que os apedren pola calle?.

Dende logo isto é a primeira vez que ocorre na Historia  (e soamente podía ocorrer en Cambados)… ata agora cando un goberno (municipal, autonómico ou estatal), empresa (pública ou privada), asociación ou calquera entidade en xeral,   quería facerlle unha homenaxe a unha persoa, acontecemento histórico ou data significativa, seguíanse unha serie de pautas máis ou menos establecidas : o primeiro facer público dita intención, seguidamente recadar ideas, opinións, suxerencias; a continuación, buscar financiación, máis adiante elixir o lugar onde se instalará dita estatua ou que rúa será  a elixida para levar o nome e, finalmente, a inauguración.

Pois ben, como dicía anteriormente, case me atrevo a afirmar que é  a primeira vez na Historia da humanidade  que temos unha estatua, unha ubicación  e unha data aproximada de inauguración, e  (como na obra de Luigi Pirandello “seis persoaxes en busca de autor”) só falta atopar a un promotor ou promotores que se responsabilicen da súa intención de levantala, alguén que diga : “a idea partiu de min…  un esperpento total;  se non fose porque estamos a falar do honor, da reputación do pobo e da xente de CAMBADOS, sería para botarse a rir.

Aínda que tamén cabe a posibilidade de que a idea partise do Sr. Alcalde, quizais por iso dos primeiros en ver a maqueta de tan controvertida estatua foron destacados membros do Partido Popular da zona, e, quen sabe,se son os verdadeiros promotores da escultura.

A continuación reproduzo  parte da  excelente entrevista que  Anxo  Martínez (do Faro, podes lela aquí), realizoulle ó noso  sr. Alcalde, non ten perda porque da mesma se poden sacar interesantísimas conclusións que analizaremos a continuación:

–¿Qué hará si en la concentración contra la estatua de Manuel Fraga se juntan cientos de personas?

–La idea de poner esa escultura salió del sector. Fueron los viticultores y los bodegueros quienes nos lo pidieron. De hecho, se va a abrir una cuenta bancaria para que las personas que quieran puedan colaborar económicamente, y del ayuntamiento no va a salir ni un solo euro para la estatua. De hecho, tras toda esta polémica todavía han venido más bodegueros y productores a decirnos que quieren poner dinero.

Pero, con independencia de quién tenga razón, lo cierto es que se cometió un error de forma por su parte, porque vieron antes la maqueta personas del PP que no tienen nada que ver con el ayuntamiento, y los del BNG y el PSOE local ni siquiera sabían que existía.

–Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención. Se ha generado una polémica política injustificada. A los que están en contra les da lo mismo lo que se gaste. Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política. Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño. Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político.

Por favor, perdoarme pola expresión pero…. HAI QUE TER UNS COLLONS COMO OS DO CABALO DE ESPARTERO!!!, como se pode contestar así e quedarse tan pancho, na miña vida vira tantas tonterías e tantas mentiras concentradas en tan pouco espazo, empecemos :

“Estamos hablando de una persona que hizo mucho por el sector del albariño”.

A pregunta está clara: ¿que foi o que fixo polo sector do albariño? Dende aquí reto o señor alcalde de CAMBADOS, a que presente un documento, soamente un documento,  en calquera soporte  xa sexa un discurso escrito, manifestación en prensa, radio televisión  etc. , loxicamente,  fora do entorno de Cambados e da súa festa, en calquera parte de Galicia, España ou do mundo onde alabe ou promocione o albariño, xa sei que  en Cambados realizou moitos discursos, normal, se a min e  a aos meus colegas nos invitasen, por exemplo, á Festa do Queixo de Arzúa, me fixesen a pelota o alcalde e os concelleiros, como fixeron con Fraga en Cambados, normal que lles dedicase unhas palabras de agradecemento pero de iso a dicir que  fixo moito polo albariño xa e unha falacia. Fraga non fixo nada, repito, nada polo albariño, unicamente encher o bandullo a conta de bebelo.

“Es un homenaje al Fraga que se emocionaba cada vez que venía aquí e iba a leer su discurso, no al Fraga político”

Dicir isto soa tan ridículo, tan estúpido, tan bobo e como si mañán o alcalde de Londres  dedícalle unha estatua a Jack  “ O destripador”  pero aclara que vai dedicada ó persoaxe que tanto promocionou o Londres victoriano, o Londres do século XIX, non ao  Jack asasino;  cando Fraga viña a Cambados viña con todas as súas circunstancias, con todo o seu pasado, Fraga foi presidente da Xunta pero tamén foi ministro de Franco, do cal nunca tivo o mais mínimo arrepentimento, ministro de un asasino comparable a Hitler, ministro dun militar golpista que derrocou un goberno democraticamente constituído, non me vale que o alcalde diga que cando Franco morreu el tiña catro anos, eu tiña cinco anos, pero molesteime en documentarme, aconséllolle Sr. alcalde que visite a biblioteca municipal, esa que tantos cartos costou ó  pobo de CAMBADOS e que seguramente non visita desde a inauguración, alí atopará bibliografía moi interesante do que representou o franquismo, e se quere hasta pódolle recomendar algún título.  Ademais o propio alcalde   renega do pasado de Fraga cando di “no al Fraga político”  como si o quixese ocultar ou olvidar ese aspecto de Fraga, creo que  o subconsciente xogoulle unha  mala pasada. En canto o de “(…..) al Fraga que se emocionaba cada vez que venia aquí (…..)” , está claro que vamos a acabar chorando todos coas emocions de D. Manuel;  a min, sen embargo, o que me emociona e saber que mais de 70 anos despois, moitos segan a buscar  onde están enterrados o restos da súa familia, dos seus pais, dos seus avós, xente que o único delito que cometeu foi non pensar o mesmo que os correlixionarios de Fraga, e que por iso foron sacados das súas casas, de noite, pegáronlle un tiro na nuca e enterrados nun fosa común quen sabe onde, e vostede venme a falar dun Fraga emocionado ao leer un estúpido discurso.

“Es cierto que llevé a algunas personas del PP a ver la maqueta, pero fue porque quería comenzar a gestionar alguna subvención.”

Nesta frase do sr. Alcalde concéntrase toda a mentira en canto a autoría da estatua, vamos a ver, Sr. Alcalde, se a idea da estatua partiu do sector do viño, por que carallo os primeiros en ver a maqueta da mesma foron dirixentes do PP, antes do suposto “sector do viño” e o máis importante, se foi unha iniciativa privada, porque o Srr Alcalde, a primeira autoridade do pobo, sae como un can faldeiro, como un pelele a xestionar unha subvencion pública para, repito, unha iniciativa privada, en mans de quen está  o municipio de Cambados?  se mañá, por poñer un exemplo, o sector do xoguete do Salnés quere levantarlle unha estatua a Bob Esponja por ter salvado as súas ventas; ou todos puteros da Ráa de Arousa, se presentan no Concello, para reclamarlle un monumento a esas mulleres da vida que nun momento de apretón aliviaron os seus instintos máis  baixos… entón, facilitaralles un parque municipal e, tamén,   buscará unha subvención tan alegremente? A idea da estatua saiu do Concello e se de verdade existira ese sector do viño, a que vén iso de ocultar os nomes, máis aínda cando se quere levantar nunha praza que pertence a tódolos cambadeses?

 “Pero esto no es algo del PP. El albariño no tiene ideología política.”

Sinceramente como se pode ter tanta cara, tanto morro e (perdón pola expresión) non caerlle os collóns ao chan cando declarou iso? o albariño e a súa festa está politizada de forma descarada polo PP, con dar un rápido repaso a lista de políticos e persoaxes  que foron feitos Cabaleiros do albariño ou invitados á nosa festa podemos facernos unha idea, por poñer algún exemplo  dende todos os conselleiros da Xunta e  alcaldes da zona (iso si do PP), políticos como Francisco Álvarez Cascos, Jaume Matas ( ese político do que todo o mundo renega no PP  ahora que  está a punto de entrar na cadea), Mariano Rajoy, Ana Pastor etc. a famosos da sáa corda como : Norma Duval,  Sánchez Dragó  Bertín Osborne etc; repito, hai que ter moita pero que moita  cara para facer esa afirmación.

Fai un tempo cando Xosé  Manuel Cores Tourís deixou a alcaldía para ocupar o seu actual cargo de Delegado Provincial, falaba eu cun afiliado do PP e para tirarlle do xenio dicíalle que ahora que se ía Tourís, quizás,  nas seguintes municipais poderían perder a alcaldía. A súa resposta máis o menos textual foi esta: “Mira “Ricardo, se ben nas municipais sempre se vota máis á persoa que noutras eleccións, só coa masa fiel que segue  siglas do PP, máis os votos de todos os enchufados e a súas familias que poden pensar que irían á rúa aínda que  puxésemos de candidato a un burro auténtico dos de catro patas, gañaríamos de calle; ademais o actual alcalde é un home de palla, un pelele… o que  seguirá  a dirixir o  cotarro  será  Tourís”. Acordábame de esa conversación, estes días, pensando se non tivera sido mellor que tivesen optado pola opción do pollino, dubido que o fixese peor.

Por certo este mesmo coñecido, este afiliado do PP  ( chamémoslle J.) botábame en cara que eu coma moitos criticásemos o excesivo gasto da Festa do albariño, empezando pola comida do Parador, e deciame, entre coñas,  que moito criticar pero de invitarnos todos iríamos. Pois ben o que suscribe estas liñas, ou sexa, eu,  estiven invitado 3 anos seguidos (Festa do albariño de 1998, 1999 e 2000) a dita comida no Parador, e, en ninguna ocasión fun, en primeiro lugar porque me parecía (e me segue a parecer) escandaloso, pornográfico que só na comida se gastasen  mais de 30.000 euros ( con eses cartos moitos pobos pagan todas as súas festas patronais) e,  sobre todo, non me apetecía compartir mesa cun persoaxe como Manuel Fraga  e máis de catros pelotas e aduladores que o acompañaban, sinceramente quitaríanme as ganas de comer.

Toda esta polémica da estatua  xerouse por un alcalde que segue a tomarse o Concello de CAMBADOS coma a súa finca particular,  a tratar a todos os cambadeses e cambadesas de ignorantes, realmente a estas alturas da película, pode haber quen se crea que a estatua sexa unha iniciativa “do sector do viño”, se o alcalde de CAMBADOS  tivese un mínimo  de cultura democrática, se reflexionase, pediría perdón (non e tan complicado hasta o Rei xa o fixo), pero creo que o seu orgullo impídello, con esta actitude esta a prostituír, a manchar  o bo nome de CAMBADOS, en beneficio propio, en dende logo eu como cambades é algo que non podo admitir.

Ricardo Domínguez Rey. 

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “As mentiras dun alcalde pelele ou como intentar tratar a todo un pobo como ignorantes

  1. Son votante do PP e non estou dacordo coa idea da estatua. Pero de ahi a insultar a un alcalde chamandolle pelele non me parece ben. Peleles e inutiles hainos en todos os sitios. Si Caamaño se presentase polo PP non gañaria. Creo que unha persoa antipatica. Ademais e hipocrita. Coa sua esposa fala o español ou castellano. NOn hai moito pasaron polo meu lado. E si non os coñecera pensaria que eran madrileños. Tanto predicar o galego para os demais i el…nin o falara na casa seguro.

    Posted by MARIA | 17/07/2012, 2:20 am
  2. Home Ricardo, nin te coñezo nin falta fai. Se coas expresións que utilizas aspiras a ter máis razón vas dado. Como te atraves a pedir que os demais sexamos razonables, dialogantes e non sei cantas cousas máis, cando ti empregas frases tan finas como “alcalde pelele, home de palla”, “prostituir o nome de Cambados”, “caerlle os collóns ao chan”, “collóns como o cabalo de Espartero”, etc. Calqueira que se exprese nestes termos perde a razón que o puidera asistir. Non ten máis razón quen máis barbaridades di. Por suposto que o monumento a Fraga está máis que xustificado en Cambados. E o que fixo polo sector do viño é moi evidente: Parador Nacional do Albariño, pazo e parque de Torrado, Museo Etnográfico do Viño, Ruta do Viño, consello regulador e DO Rías Baixas, a festa máis grande dedicada a un viño. De non ser por Fraga, Cambados non se podería permitir estes luxos, a festa seguiría sendo unha festiña e o albariño seguiría sendo un viño para minorías. Claro que si. E deixa os collóns no seu sitio, que están ben ahí.

    Posted by Jacinto Cobas | 18/07/2012, 3:46 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: