//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Víctor Caamaño

Luís Aragunde, cómodo coa mentira


Agora xa temos claro, todos os cambadeses e cambadesas, que a proposta para facer unha escultura a Manuel Fraga en Cambados é unha idea orixinal do PP. A verdade é que isto xa o supoñiamos  desde que o anuncio foi feito público. Tamén sabemos agora que Luís Aragunde minte con total facilidade e sen inmutarse o máis mínimo. Pode afirmarse, polo tanto, que é un digno representante, en Cambados, de Mariano Rajoi; ese presidente que non subirá os impostos, o que non pedirá o rescate a Europa, o que non subirá o IVE, o que non aplicará o copago dos medicamentos, o que non reducirá as partidas para sanidade e educación…Tampouco lle ten nada que envexar  a Núñez Feijoo; ese que ía solucionar o problema do paro en Galiza en 45 días. Parece ser que os cargos do PP están cortados polo mesmo patrón; o importante, para eles,  é manterse no posto aínda que para iso haxa que mentirlle á sociedade sen ningún pudor.

No pasado pleno escoitamos, incrédulos, como o alcalde de Cambados negaba, diante dos periodistas e das cámaras, afirmacións que fixera anteriormente a eses mesmos medios.  De feito puidemos coñecer, estes pasados días, o malestar dalgún medio de comunicación que tivo que demostrar, publicamente, que Luís Aragunde mentiu na última sesión plenaria ao negar cousas que publicara este medio con respecto a anteriores declaracións do alcalde.

Unha das principais estratexias políticas do PP consiste en tentar confundir ao cidadán, facéndolle crer que o concello é o PP son a mesma cousa. E para iso, en ocasións, chegan a extremos tales como o fixeron neste caso, pois  inicialmente tiñan pensado pagar a súa escultura con cartos do concello e das Administracións públicas. Pero ante as críticas do BNG e doutros sectores sociais recorreron, con total desprezo, ao sector do albariño para ocultar que o PP era o verdadeiro impulsor da  escultura. Actuaron con total desprezo cara ao sector do viño que lle cargaron o “pato” sen comelo nin bebelo. O pobo de Cambados non merece uns gobernantes como os do PP.

Tamén, no pasado pleno, tivemos a oportunidade de ver a un Luís Aragunde actuar coma un verdadeiro “hooligan”; facendo todo un alarde de saber estar e comportarse. Parece ser que este tipo de comportamento e a  futura colocación da estatua de Fraga no Pazo Torrado, auguran o que nos agardará no próximo xantar do albariño. Un xantar totalmente “pepero” e extremadamente “facha”. E mentres os gobernantes do PP están centrados en labores tan “interesantes” como construír unha estatua a Manuel Fraga, o paro segue a aumentar, os impostos seguen a subir, a protección social segue a baixar e as persoas máis necesitadas están a quedar desamparadas e esquecidas pola Administración.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Advertisements

Conversa

One thought on “Luís Aragunde, cómodo coa mentira

  1. Sr. Caamaño, quien es el pelele de su partido? Usted o Chonito? Se lo pregunto en español por que creo que igual me entiende mejor ya que es el idioma que usted utiliza con su señora para pasear. Si no le conociera pensaria que eran ustedes madrileños. Menos hipocresía.

    Posted by MARIA | 22/07/2012, 12:52 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: