En CTK non nos treme a man para exercer a crítica, nin sequera aos amigos dos medios comarcais, aínda cando sabemos de sobra que a nosa crítica non se dirixe aos xornalistas senón á liña que, en todo caso, se lles impón. Pero cando hai que felicitar a un medio tampouco podemos calalo. O artigo do Faro de Vigo de hoxe é unha mostra que pon de relevo os bos profesionais que traballan nos medios do Salnés.
A nova en cuestión pon de manifesto que a repetida consigna do PP de que a estatua de Fraga non foi encargada polo Concello senón que foi solicitada por un indefinido “mundo do viño”, é simplemente mentira. Xa o tiñamos claro, pero o xornalista do Faro realizou un inquérito entre as principais adegas dos arredores e case todas as entrevistadas negaron coñecer os plans de instalar esta estatua en Cambados. Entre elas, as máis grandes: Martín Códax e Condes de Albarei, que xuntas suman a máis de 600 familias da comarca. Ademais, moitos dos adegueiros cuestionados por FARO negaron incluso estar dacordo coa colocación da escultura, outros dixeron non estar en desacordo pero negaban que o plan partise deles.
Só unha adega de vinte admitiu ter proposto a homenaxe pero pediu manterse no anonimato porque “están nerviosos e preocupados porque se levantou moita polémica”. A isto hai que sumarlle que o novo presidente do Consello Regulador nunha entrevista hai días afirmaba que “Si el ayuntamiento quiere homenajear a Fraga me parece bien, pero eso es algo en lo que yo no tengo nada que decir.”, desmarcándose claramente da iniciativa.
Polo tanto, so cabe pensar que o alcalde de Cambados, Luís Aragunde, non só lle mentiu aos xornalistas durante as últimas semanas, senón que mentiu a todos os cambadeses no pleno da Corporación celebrado hai só dous días (podes ver todo o pleno en vídeo premendo aquí).
Este é o resumo da pequena “enquisa” realizada por Faro
Adegas que descoñecían o tema da estatua: Martín Códax, Condes de Albarei, Albamar, Adega Durán, Pintos, Alberto Nanclares Ocio, Adegas Terra Santa, Ricardo Abal Padín, Adega Vieites, La Capitana, Gil Armada, Isabel Amil Núñez, Viña Blanca do Salnés, Lagar de Costa e Viña Sobreira. Posiblemente tampouco Palacio de Fefiñanes.
Adegas que non quixeron respostar: Casa da Barca e Constantina Sotelo.
Adegas que non puideron ser contactadas: María del Carmen Baúlo, Aquitania, Adega de Xieles, Lagar de Xesteira e Don Olegario.
E unha adega admitiu ter proposto o plan pero quixo gardar o anonimato.
http://www.publico.es/espana/438493/fraga-levanta-la-cabeza
Estou consternado cando leo cousas coma o enlace que adxunto: eu, a título particular, xa deixei en post anteriores a miña opinión ao respecto … porén, o Pleno do Consistorio Cambadés, unha vez máis, é portada dos medios de comunicación, e por nada bó … de verdade e que temos os dirixentes pior presparados en décadas…. da unha idea da falla de sentido común (que en política é o menos común dos sentidos ) e de ética que posúen cando non queren afrontar os problemas cotiás e tentan desviala atención con homenaxes a xente que ten unha biografía ATROZ. Está documentado: o dossier que Informe Semanal adicou a MANUEL FRAGA foi algo demoledor, tanto que Rajoy pediu responsabilidades o ente RTVE porque disque era demagoxia a empregada. Pos se abriron dúas frontes: a primeira, e que hai unha guerra por controlar a televisión pública, a mesmiña que controla o Poder Xudicial. A segunda, que a palabra serve coma escudo para zanxar os debates, cando dubido moito que Rajoy e Aragunde sepan o que significa … asemade para entendelo término hai que PENSAR, e esa función é algo que o cerebro de MARIANO E DE LUIS descoñecen totalmente. O primeiro é o pior Presidente do Goberno que houbo neste país: en 6 meses destrozou o Estado do BENESTAR para socializar as perdas das Entidades Bancarias … fixo o máis doado,colleu a hucha onde hai cartos e a por eles, sen decatarse de que son de todos, e que costou UN MUNDO acadalos e a VIDA de milleiros de persoas. Eu non entendo coma tendo un dos sistemas sanitarios millores do mundo e MÁIS BARATOS (se ollala páxina Web ten un superávit, e a cidadanía o respaldaba) pode desmantelarse deste xeito privatizando servizos nas MUTUAS para facer RICOS aos de sempre … e da educación millor non falar, demonizando aos mestres e funcionarios estatutarios cando son os encargados de formar as xeneracións futuras … o Ministro de Educación é o culmen do nepotismo, por querer, nen os Reitores de Universidade queren sentarse ao seu carón.
O segundo, Luis Aragunde, presuntamente quere emular ao Presi: disque temos un Alcalde de Despacho, que fala con moitísima xente, e ten o Concello saturadísmo de traballo …. pos nalgo estará errando o amigo Luis cando é incapaz de dar respostas coherentes aos grupos da Oposición, cando é incapaz de despachar as actas e expedentes en tempo e forma … Eu, en pleno debate nas eleicións de quen era o máis preparado para levalas rendas de Cambados, escoitei a todo o mundo con atención e respeto, incluíndo o actual Alcalde, co que por certo, non teño a nivel particular nengún problema, ao contrario: tiña depositada moitas esperanzas de que o sangue novo e a valentía que son propiedade da mocidade, eran un aval moi grande para superar as dificultades, porén o reto de gobernar unha vila é un reto de moito calado, e dame a sensación de que lle sobrepasa a Luis. Coma aínda non leva nen a metade do mandato, espero que no futuro non teña estas cavilacións de pensar en estatuas, homenaxes e historias, e se centre nos problemas da xente, que todos sabemos cales son, ata Fraga en vida me daría a razón … ollando coma está gobernando Feijoó se baixa do alén Don Manuel, lle zoupa ata no carné, porque fixera o que fixese, estou seguro que defendería a GALIZA millor que este individuo.
Saúdos.