O coñecido xuíz Baltasar Garzón vén de presentar o seu novo proxecto: unha Fundación Internacional que promova os dereitos humanos e a xurisdición internacional, ademais de potenciar unha cultura de activismo, promoción, desenvolvemento e defensa dos dereitos humáns. A fundación creouse en decembro, algo máis dun mes antes de que Garzón fora inhabilitado durante once anos, nunha decisión moi controvertida do Tribunal Supremo.
Unha cambadesa, Carmen Durán, profesora que fora fundadora da asociación Desperta Cambados, é a vicepresidenta desta Fundación. Comparte a vicepresidencia con Shlomo Ben Ami, exministro de Asuntos Exteriores de Israel e exembaixador de Israel en España. A Fundación levará a cabo programas de formación, de investigación e de prácticas sociais na área dos dereitos humanos e cooperará no desenvolvemento social, económico, político e cultural. Máis info. en El Confidencial.
En Febreiro, CTK publicaba un artigo de Carmen Durán sobre a sentenza do TS que inhabilitaba a Baltasar Garzón. Podes lelo aquí.
noraboa!