Hoxe falamos en CTK sobre unha nova do Faro de Vigo na que entrevistaban a vinte adegas da zona e o resultado no inquérito non era outro que deixar patente que non foi o sector adegueiro quen propuxo a idea da estatua. Pero na edición en papel do Faro viña unha parte que non saía publicada na dixital, e que recuperamos grazas a A ti meu Cambados.
Este recorte, que podedes ler arriba (preme en Seguir Lendo para velo), demostra con datas como Aragunde non falou do sector do viño até que a concentración de protesta non foi convocada (até entón era un proxecto municipal). Iso proba a nosa tese de que non foi máis que “un as” que o alcalde sacou da manga para desmobilizar á xente perante a protesta, consciente de que o tema económico era clave para unha boa parte da cidadanía que ve incrédula como se van gastar uns 20 mil euros nunha estatua mentres se recortan servizos e dereitos a diario. Seguir lendo