//
estás a ler...
., Cambados

O Faro dálle a puntilla a Aragunde: demostra con datas como o alcalde mentiu no último pleno


Hoxe falamos en CTK sobre unha nova do Faro de Vigo na que entrevistaban a vinte adegas da zona e o resultado no inquérito non era outro que deixar patente que non foi o sector adegueiro quen propuxo a idea da estatua. Pero na edición en papel do Faro viña unha parte que non saía publicada na dixital, e que recuperamos grazas a A ti meu Cambados.

Este recorte, que podedes ler arriba (preme en Seguir Lendo para velo), demostra con datas como Aragunde non falou do sector do viño até que a concentración de protesta non foi convocada (até entón era un proxecto municipal). Iso proba a nosa tese de que non foi máis que “un as” que o alcalde sacou da manga para desmobilizar á xente perante a protesta, consciente de que o tema económico era clave para unha boa parte da cidadanía que ve incrédula como se van gastar uns 20 mil euros nunha estatua mentres se recortan servizos e dereitos a diario.

Ademais, Aragunde no pleno dixo que era “mentira” que varios cargos do PP que nin sequera o son no Concello de Cambados (Rosa Oubiña, parlamentaria do PP, Louzán, Presidente da Deputación, e Cores Tourís, Delegado da Xunta) visitaran o taller onde se está a facer a obra (podes ver aquí o momento exacto no que Aragunde fai esta declaración no pleno). O Faro insiste en que Aragunde si comunicou ao xornalista, e así o reflectiu no xornal o 29 de Maio, que esta visita tivera lugar, coa finalidade de conseguir fondos públicos (de todos) para financiar o Fraga de bronce.

PETICIÓN DE DEMISIÓN DO ALCALDE DE CAMBADOS

O grupo socialista no Concello vén de publicar unha nota de prensa na que solicitan a demisión de Aragunde por mentir no Pleno da Corporación. Tamén piden que se retire o plan da estatua, ou que sexa sufragada polo Partido Popular e se instale na sede de dito partido. Ademais, irónicamente, dan outra alternativa: “Se os únicos dispostos a financiar a rexeitada estatua son: unha bodega de Ribadumia e unha conserveira tamén de Ribadumia, os Socialistas pedimos que a poñan en Ribadumia.”

Conversa

6 thoughts on “O Faro dálle a puntilla a Aragunde: demostra con datas como o alcalde mentiu no último pleno

  1. Pero Óscar, que deixa ao descuberto o Faro home?. Acaso é inverosimil que en Cambados ou no Salnés, dentro do sector do albariño, haxa 20 ou 30 persoas dispostas a apadriñar un monumento a Fraga? Iso sería un delito? Unha malversación de fondos talvez? E o Concello, por suposto que pode apoiar esa intención emailo Capítulo Serenísimo que fundaron os Fraga, Fole, Rial, Cunqueiro, etc nos anos 60. A que tanto balbordo? Se total cando volva gobernar o Bloque tirades coa estatua e xa está o problema arranxado. Ah, xa, que ao mellor resulta que tardades outros 20 anos en gobernar… Pero xa tedes un obxectivo político claro… E o de sacar a relucir os mortos e desaparecidos na guerra civil neste asunto, xa vos vale. Que houbo mortos e desparecidos en ambos bandos, ou non oíches falar de Paracuellos? onde, por certo, hai xente sen identificar ainda e algúns galegos. E Fraga non fixo a guerra e houbo unha lei de amnistía no 78, canda Constitución non?. De verdade que a Lei da Memoria Histórica zapaterista impide facerlle unha homenaxe a Fraga? Pois entón a qué agardades para ir ao xulgado. Asunto resolto! Nonsi?

    Posted by jacinto cobas | 29/06/2012, 5:12 pm
  2. Jacinto, se pensara que é un delito sería o primeiro en acudir ao Xulgado. Pero mira, falando de leis, o propio Concello a incumpre no caso da entrega de actas aos membros da Corporación (a lei dá dez días e eles tardan catro meses) e xa ves o que lles pasa: NADA.
    Eu, dentro do respecto e do que me dita a conciencia, escribo do que me peta. Podo? Ao mellor tamén teño que pedir permiso, non me estrañaría que fora unha das próximas medidas dos brillantes Rajoy e Feijóo.

    Estou seguro que hai 20 ou 30 persoas dispostas a poñer cartos para isto, tamén estou seguro de que 20 ou 30 persoas se beneficiaron ou se van beneficiar de subvencións ás que todos contribuimos, subvencións que non sempre (sabelo ti tamén) se distribúen con obxectividade. Pero bueno, que a poñan se así o queren, pero fóra do terreo público, que pinta o Concello de Cambados (que debería representarnos a todos) nunha homenaxe privada (se é que é así)?

    E pediríache que repases (ou reflexionases) sobre a Guerra Civil, posto que se mal non me lembro o que houbo foi un golpe violento contra un Estado democrático, e aparte da guerra en si (onde estou seguro de que se cometeron atrocidades por ambas partes, totalmente condeables) tivo lugar unha represión brutal, tanto política, como social, como simplemente asasina… que a calquera cun mínimo de decencia lle provoca unha forte repulsa. A señores como Fraga nunca lles deu a gana de condear ou de desligarse diso. Así tivemos a dereita que tivemos…

    E si, dou por suposto que cando haxa un cambio de goberno en Cambados, que o haberá seguro (será dentro de 4,8 ou como dis ti, 20 anos, pero haberao) se esa estatua segue aí se retirará por hixiene democrática. En primeiro lugar porque o que está claro é que non existe un consenso da grande maioría dos cambadeses. Iso, Jacinto, quitando o tema dos cartos e do franquismo… é a razón máis básica para opoñerse a este disparate.

    Posted by Óscar | 29/06/2012, 5:30 pm
    • Óscar: podes ir ao xulgado cando queiras, ou escribir do que che pete. Faltaría máis. Pero lémbroche que foi Victor quen sinalou que a Lei de Memoria Histórica prohibe unha homenaxe a Fraga. Polo tanto, denunciáde esa homenaxe e xa está. Por favor, non terxiversedes a realidade sobre a Guerra. Houbo un golpe de Estado militar contra un goberno republicano incapaz de impoñer a Lei, incapaz de evitar as queimas de conventos, o roubo e a pillaxe, os asasinatos políticos, mesmo de deputados como Calvo Sotelo. Eran demócratas os que se alzaron en armas contra a legalidade republicana no ano 34: PSOE e ERC, por exemplo? Era demócrata o PCE ou bolchevique? Ti verás. Eu falo de impulsar unha homenaxe do sector do albariño e do pobo de Cambados a prol dun dos seus grandes valedores, que se fose de esquerdas xa tería rúa e monumento arriba do monte da Pastora. O consenso é imposible acadalo con vós, pero as urnas son implacables: 11-3-3, soache a fórmula? Un alcalde con arredor do 60 por cento dos votos. É difícil acadar moito máis consenso. Os brilantes Rajoy e Feijóo están loitando por sacar este país adiante despois da ruina que deixou ZP, con apoio do Bloque por certo. E ademais son garantes da libertade de expresión para que poidades disfrutar blogs panfletarios anti-PP sen problemas de ningún tipo. Por moito que anunciedes o apocalipse, que vén a dereita, xa o anunciabades na era Fraga e non da chegado. Se hai algún apocalipse, algún perigo para a pervivencia do sistema sanitario e educativo, este vén do PSOE, que arruinou a nación e agora hai que erguela como se poida. En boa medida, esta maldita crise tamén a herdamos da cantidade de millóns de euros que tivo que apoquinar Alemaña en particular e Europa en xeral para levantar aos países do Telón de Aceiro, arruinados e masacrados durante o século XX polo comunismo soviético, o réxime máis criminal da historia da humanidade, un réxime que a esquerda nunca repudia porque en parte síntese herdeiro del. Non creades que a historia só a coñeces vós. Deixade de mirarvos o embigo. Falade con todos, non só cos nacionalistas.

      Posted by jacinto cobas | 03/07/2012, 7:37 pm
      • Jacinto, o consenso pode acadarse en Cambados e exemplos hai (véxase o ano Cabanillas ou Asorei cantas cousas foron máis ou menos ben levadas). Recórdoche que a maioría absoluta non é absolutísima…cando es Alcalde de Cambados érelo de todos os Cambadeses e non dos “teus”, iso é algo que oxalá entendera a xente do PP. O problema dos consensos é o PP…ou por que senón é o único partido que non é capaz de chegar case nunca a acordos de goberno? Porque non dialoga nin a nivel concellos…

        Do resto non vou entrar en moito, a historia manéxala como che vén en gana…dicir que a crise é culpa da esquerda (e entendes a esquerda como o sovietismo, xesús…) é para botarse a chorar. A crise creouna a entre outras cousas a desregularización diso que chaman “mercados”, e non estou dacordo: ese “apocalipse” político está ben preto: ou caso non ves que a maioría de decisións que se toman non as deciden xente que votamos, senón persoas que ninguén puxo aí democraticamente (véxase iso que chaman troika, BCE, Comisión europea e FMI). Por non falar de Italia, onde teñen un presidente que non votaron, ou Grecia, onde ameazan aos electores con que se votan determinada opción vanlles impoñer un corralito e non sei cantas chantaxes máis…

        os brillantes de Rajoy e Feijóo apoian que se lles estean a regalar cartos aos bancos, si, aos que tiveron parte no desastre…E cando recortan gasto público fanno no ensino e na sanidade, non por exemplo en eliminar estupideces como o Senado ou as Deputacións (que as van potenciar!), gravar máis ás rentas altas, ou retirar gasto militar. Hai prioridades, e os cidadáns non son unha delas.

        PD. Non pertenzo ao BNG pero é falso dicir que esta organización votou a favor dos recortes de Zapatero. O PP ao mellor tampouco, peor fixo: votou en contra e cando gobernou non só fixo o mesmo senón que potenciou os erros dos “socialistas”.

        Posted by Óscar | 03/07/2012, 8:23 pm
      • Por certo, falo con todo o mundo. Espero que ti fagas o mesmo. Saúdos!

        Posted by Óscar | 03/07/2012, 8:23 pm
  3. Bueno, bueno, bueno, a min sígueme abraiando que a estas alturas, e xa levamos andado un anaco do século XXI, se siga falando de “guerra civil”, ainda que os libros de texto o sigan reflexando dese xeito, pero coido que para todos debe estar mais que claro que foi un golpe de estado apoiado po lo fascismo italiano e o nazismo alemán, que usaron España como banco de probas do seu armamento para o que despois se chamou “II gerra mundial”, que a proclamada neutralidade franco-británica non foi mais que un apoio encuberto a os golpistas po lo medo que unha república popular nun país veciño podería contaxiar a sua propia poboación… non me vou estender falando da represión e dos crimes cometidos po lo réxime saido dese golpe de estado, porque hai documentación dabondo para todo aquel que queira enterarse, pero si lembrar que D. Manuel Fraga Iribarne ocupou dous ministerios durante a dictadura do “caudillo” dos considerados clave en calquer goberno, o de propaganda (información e turismo, chamábanlle, e o da represión, bautizado co nome de “ministerio de la gobernación”), que entre outras atrocidades durante a sua estadía no goberno producironse os cinco fusilamentos do “27 de septembro” que él firmou como ministro, ou o asasinato de tres obreiros nun encerro nunha eirexa de Reinosa durante un encerro… si estes son os méritos de Fraga para que o concello de Cambados lle levante un monumento pois… que os seus herdeiros carguen con él…

    Posted by pepe | 30/06/2012, 11:58 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: