//
estás a ler...
., Cambados

Haberá máis protestas


En Cambados vívense días de indignación, xa non só pola simple decisión do PP de Cambados de poñerlle unha estatua a Manuel Fraga, senón polas mentiras nas que “cacharon” ao “noso” alcalde, Luís Aragunde, acerca de quen tivera a iniciativa de poñerlla. Hoxe temos clarísimo que foi o Partido Popular, e que o Goberno Cambadés, máis unha vez, está a empregar Cambados como a finca privada do partido, non tendo o Alcalde (que poñían de exemplo de talante e boas formas) a máis mínima vergoña en mentir abertamente á cidadanía. Afortunadamente aí estaba o Faro de Vigo para sacar á luz as súas mentiras.

Nestes días nos que se fala moito deste tema, tamén se está a comentar xa que haberá outras protestas. Unha delas seguramente a apadriñará CTK e será unha protesta orixinal, na que non aparezan pancartas nin logos de partidos, senón xente a título individual que queira participar nunha actividade máis lúdica que política, pero sen deixar de ser reivindicativa. Aínda estamos con preparativos, pois non será inminente, e manteremos canles de información a todos os que esteades interesados en plantarlle cara ao descaro do PP de Cambados e ao mesmo tempo, pasar un rato divertido.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2012
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: