//
estás a ler...
., Galiza

O Novo Proxecto Común convoca asemblea no Salnés para preparar a Asemblea Nacional Constituínte da nova forza política


A Asemblea Nacionalista do Salnés, un órgano aberto a toda a cidadanía interesada en formar unha nova organización de tipo político para Galiza, convocou para este martes 3 de Xullo ás 21 horas unha xuntanza na que se debaterán os textos fundacionais da nova forza. As asembleas de todo o país realizan este proceso de debate e incorporación de ideas aos documentos, que logo serán aprobados nunha Asemblea Nacional o vindeiro 14 de Xullo en Compostela. Nesa cita, ademais de concretar todos os pormenores da nova forza política, elixiranse os órganos de representación e o nome definitivo (do que agora se dá en chamar o Novo Proxecto Común).

A xuntanza de traballo no Salnés será o martes no Centro Cultural de Barrantes ás 21 horas, e os asistentes terán a oportunidade de inscribirse xa na Asemblea de Santiago, cousa que tamén se pode facer online premendo neste enlace até o 11 de Xullo ás 24 horas.

Os textos que se someten ao debate na comarca e o regulamento para a Asemblea Nacional podes velos íntegros premendo nos seguintes enlaces:

Principios políticos da nova organización

Principios organizativos e estatutos da nova organización

Regulamento do proceso constituínte

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2012
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: