//
estás a ler...
., Cambados

Piden que volte a Cambados a figura antiga do rañeiro do Parque


Hai uns anos todos lembramos que a escultura do rañeiro dos Xardíns da Calzada era diferente, entre outras cousas era de pedra e non de bronce como na actualidade. Pois ben, esta estatua é de Alfonso Vilar (Sanxenxo,1927-2011) e titulona “O mariscador”. A orixinal foi colocada  no ano 1968 e en 2001 cambiouse por unha semellante en bronce, pero cunha pequeniña gamela.

“O mariscador” de 1968 nun almacén de Rubiáns

En Facebook creouse un grupo para aproveitar a polémica coa estatua de Fraga no que reclaman a volta a Cambados desta figura. Unha das persoas do grupo desvelou o paradeiro actual do rañeiro: Rubiáns, Vilagarcía de Arousa. Atoparíase nun almacén dunha empresa de fundicións. Os creadores do grupo son tamén críticos coa xestión do goberno de Aragunde en relación coa estatua de Fraga, xa que ademais de  pedir que se saque dese almacén vilagarcían ao “mariscador” reclaman “que se deixen de estatuas estúpidas adicadas a quen non as merece, como a de Fraga, que pretenden impoñernos a base de mentiras”.

O certo é a priori e sen máis datos, non se entende que a pesar de que se substituíra a escultura non se lle buscara outra ubicación no Concello e se deixase abandonada todos estes anos nun almacén. E máis cando se está creando unha polémica innecesaria pola adquisición doutra obra.

Conversa

2 thoughts on “Piden que volte a Cambados a figura antiga do rañeiro do Parque

  1. Realmente a escultura está ao exterior, se ides pola estrada de Rubiáns dirección Pontevedra ao pasar o cruce do hospital á dereita hai como unhas naves nun alto, pois está ahí, pódese ver desde a estrada

    Posted by anonimo | 07/07/2012, 11:02 am
  2. Pois sí, està a intemperie en Fundiciones Rey (Rubians-Vilagarcía)

    Posted by Montadictos Monta | 09/07/2012, 5:58 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: