//
estás a ler...
., Cambados

Máis mentiras: Hai fotos dos movementos de terra que Aragunde negou


O alcalde Luís Aragunde, a raíz do caso de Pinal de Maza, negara que houbera nesa parcela movementos de terras como afirmaba o voceiro do BNG. Lembrar que nesta polémica os nacionalistas denunciaban unha tala masiva e un movemento de terras sen licenza municipal, e con implicación dun concelleiro do PP de Cambados (Juan Ramiro Gómez) e da muller do delegado da Xunta Cores Tourís. Hoxe, o BNG aportou as probas que demostran que Luís Aragunde mentiu tamén neste caso. Ademais, os movementos de terra foron previos á concesión dunha licenza municipal, algo que incumpriría de xeito flagrante a Lei 9/2002 de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (artigo 194).

Unha das fotos aportadas polo BNG que proban o movemento de terras

O obxecto destas obras no solar denominado Pinal de Maza sería o de reconvertir estas terras cheas de árbores en viñedos. As empresas ligadas a membros do Partido Popular son Dismaterra SL e Cancelo CB e o voceiro do Bloque ainda non tivo acceso á documentación que foi requerida en varias ocasións ao alcalde pola falla de transparencia deste goberno. No último pleno, Aragunde deixaba sen respostar preguntas relacionadas coa polémica e ao ser preguntado por Caamaño lle asegurou que llas contestarían “por escrito” por ser demasiado “técnicas”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: