//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Una nova forza galega nace este sábado


O denominado Novo Proxecto Común nacerá formalmente este sábado en Compostela. Esta xuntanza parte dunha autoconvocatoria das diferentes asembleas cidadáns que foron xuntándose en moitas comarcas do país (entre elas n’O Salnés) para converxer nun movemento galego único. O sábado, asembleariamente, todos os participantes terán voz e voto para definir os principios organizativos e políticos da nova forza, así como o nome definitivo da mesma e as persoas que o representen.

Un bo número de xente acudirá desde a nosa comarca, incluído un grupo de Cambados. A nivel galego un dos referentes do novo movemento é o líder nacionalista Xosé Manuel Beiras Torrado, e a forza xa ten decidido que concorrerá ás vindeiras eleccións autonómicas para facerlle fronte á ofensiva do Partido Popular desde unha óptica de defensa da maioría social e de Galiza. Todos aqueles interesados en participar poden inscribirse nesta ligazón até a medianoite de hoxe mércores 11. O Sábado ás 9 da mañá no Palacio de Congresos comezan as acreditacións para os participantes e prevese que a clausura sexa no serán.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: