Durante esta fin de semana comezan as celebracións en forma de música no pub Rif-Rock (Infantas 13). Este venres 13 habéra sesión titulada “Jason vai de camping” e o sábado 14 teremos concerto en directo de The Walnut e a seguir unha sesión de Kurco Soundsystem. Na seguinte fin de semana habéra sesións tanto venres (Jomitallas vs Marinocha) coma sábado (Michi Cacatone). A música en directo volve o venres 27 con The Voorhees e Comomepos dj pon o feche dos actos de aniversario o sábado 28 de Xullo cunha sesión. Por suposto darlle os parabéns á xente do Rif por estes xa 13 anos de impagable labor pola música en Cambados, oxalá veñan moitos máis! (Preme o cartel en Seguir Lendo para ver todo o programa ampliado)
Conversa
Aínda non hai comentarios.