//
estás a ler...
., Galiza, global

Por fin unidade sindical: o xoves á rúa en contra dos recortes ao pobo


Xa había demasiados meses nos que a unidade sindical era por moitos reclamada e seguía facéndose de rogar. Nuns tempos tan críticos como os que estamos a vivir, coa maioría social asoballada polo poder financeiro e os seus apéndices políticos, só era de recibo unha resposta en bloque na rúa. Iso exactamente é o que acontecerá o xoves 19 de Xullo nas rúas de todo o país. Na nosa comarca a marcha terá lugar en Vilagarcía de Arousa desde a Casa do Mar ás 21 horas.

Imaxe dunha manifestación | CIG

Co lema Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruinen, os sindicatos UXT, CCOO e CIG convocan a toda a cidadanía a manifestarse en contra dos recortes anunciados por Mariano Rajoy. Como escolma destes graves retrocesos para a nosa democracia, cabe resaltar a redución da prestación dos desempregados a partir dos seis meses, outra suba do IVE, a eliminación da paga de Nadal aos funcionarios (que equivale a outra baixada no seu salario de arredor do 7%), a privatiación de servizos como RENFE, redución de concelleiros…

Actualización (21.20h) : A ti meu Cambados informa de que haberá tamén concentración de 11 a 11.30 horas o xoves diante do Concello de Cambados. Esta mobilización é complementaria á da tarde en Vilagarcía, que se prevé masiva, e foi convocada polos funcionarios do Concello, Xulgados, INEM, Centro de Saúde…e todos os cambadeses están convidados á mesma.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: