//
estás a ler...
., Cambados, Galiza, global

Mobilización masiva en Vilagarcía contra os recortes


A xornada de hoxe xa foi calificada de éxito polos organizadores das más de oitenta manifestacións a nivel estatal. En Galiza o resultado das mobilizacións foi tamén excelente, encabezando a lista a cidade de A Coruña que xuntou entre 50  e 70 mil persoas  (segundo policía e sindicatos, respectivamente) na marcha. En Compostela houbo tanta xente que en lugar de rematar en Praterías como estaba previsto, fíxoo no Obradoiro.

Unha parte da marcha en Vilagarcía

No caso da nosa bisbarra e a falta de datos numéricos, salientar que a participación da cidadanía foi moi importante. Na manifestación non só se xuntaron bandeiras e logos de todos os sindicatos e case todos os partidos, senón que a mestura de idades e de procedencia social foi a nota da xornada. A manifestación comezou arredor das nove e cuarto e rematou bastante despois nunha Praza de Ravella ateigada onde se leu o manifesto final en contra das inxustas medidas que está a tomar o goberno de Mariano Rajoy, como a suba do IVE, a baixada da prestación de desemprego, a retirada da paga de Nadal aos funcionarios, e un longo etcétera.

Manifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X Vilagarcía
Manifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X VilagarcíaManifestación 19X Vilagarcía
Manifestación 19X Vilagarcía

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: