//
estás a ler...
., Cambados

O BNG reitera a ilegalidade das obras do Pinal de Maza cunha pegada de carteis


O grupo do BNG de Cambados deu unha rolda de prensa hoxe fronte á finca denominada Pinal de Maza para seguir denunciando o que consideran un atropelo legal. Lembrar que estas obras tiveron por fin talar unha superficie moi importante de arbolado para darlle ao chan uso vitivinícola. O problema é que o solo está catalogado como forestal, e segundo a lei estes movementos de terra estarían fóra da norma. Ademais o BNG probou que cando se comezaron as obras non existía licenza municipal. O caso é sangrante porque as dúas empresas implicadas pertencen a un concelleiro do PP de Cambados (Juan Ramiro Gómez) e á dona do delegado da Xunta en Pontevedra e ex alcalde, Cores Tourís.

O BNG pendurou carteis para denunciar o caso coas obras ao fondo

O BNG NON DESCARTA A VÍA XUDICIAL

Hoxe, membros do BNG penduraron carteis denunciando a situación. Mentres, no Pinal de Maza, as obras continuaban con total normalidade como se pode apreciar nas fotografías. Víctor Caamaño volveu a resaltar que o PP trata de xeito moi diferente aos seus militantes e simpatizantes que ao resto da cidadanía; neste caso aos “seus” permítelles saltarse as normas mentres a calquera veciño se lle requeriría unha licenza municipal para obrar. O BNG vai seguir reclamando, nas Consellarías da Xunta relacionadas co tema, e non descarta transladar este asunto aos Xulgados para que sexan eles os que finalmente se encarguen dun tema tan espiñento que o propio Luís Aragunde ten esquivado sistematicamente.

Pinal de Maza 19 Xullo 12Pinal de Maza 19 Xullo 12Pinal de Maza 19 Xullo 12Pinal de Maza 19 Xullo 12Pinal de Maza 19 Xullo 12Vista lonxana do Pinal de Maza
Vista lonxana do Pinal de MazaCartelMaza

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: