//
estás a ler...
., Cambados, Galiza, global

Os funcionarios concéntranse diante do Concello


O 19 de Xuño é xornada de mobilizacións contra os recortes aprobados polo Goberno de Mariano Rajoy. Se pola tarde será o turno das cidades, hoxe nalgún Concello xa houbo concentracións de funcionarios pola mañá. Concretamente no caso de Cambados esta protesta tivo lugar n’A Calzada onde funcionarios do Centro de Saúde, de Xustiza, do Concello, mestres… berraron contra as recentes decisións do goberno do PP a respecto do seu sector. Lembrar que á recente baixada de salario váiselle sumar a eliminación da paga extra de Nadal.

Pola tarde será o conxunto da cidadanía quen leven á rúa as protestas, no noso caso en Vilagarcía ás 21 horas saíndo da Casa do Mar. Entre as medidas máis rexeitadas están a baixada da prestación aos parados, unha suba xeralizada do IVE, privatización de empresas como RENFE, os mencionados recortes aos funcionarios…que se suman aos recortes na Sanidade e no Ensino, mentres as entidades financeiras que contribuiron a crear esta situación son “rescatadas” cos cartos de tod@s.

Concentración funcionarios 19XConcentración funcionarios 19XConcentración funcionarios 19X

Conversa

5 thoughts on “Os funcionarios concéntranse diante do Concello

  1. Parece que Cambados empeza a despertar….

    Posted by anonimo | 19/07/2012, 2:10 pm
    • Son os catro pelagatos de sempre co chonito a cabeza.

      Posted by MARIA | 19/07/2012, 11:49 pm
      • Por favor ,un pouco de respeto e de educación e o que che pido MARÍA …..eu tamén estiven alí e todo / as personas que alí estabamos (excepto algún” personaxillo ” que baixou do concello) somos traballadores que non lle debemos favores a ningún cacique por “enchufarnos ” ,senon que conseguimos o noso posto a base de sacrificio e traballo ,e por eso nos sentimos libres para ir a todas as manifestacións que nos veña en gana e tamén para expresar as nosas opinións SEN MEDO ,ah!! e por se non sabes pensar por ti mesma (caso non raro ) decirche tamén que alí como en outras manifestacións …defendemos os dereitos de todos os cidadáns.(ATA OS TEUS tamén) ,e non vamos dirixidos por nadie polo tanto o calificativo de “PELAGATO” aplícatea a ti mesma

        Posted by Lucía Abal Saborido | 20/07/2012, 12:17 pm
      • E, estando totalmente dacordo co que contesta Lucía, engadiría que destacaba a variedade de persoas e de ideoloxías representadas alí. E dicho un “dos de sempre” así que…

        Posted by Óscar | 20/07/2012, 12:42 pm
  2. Pidoche perdon Lucia a ti e a todas a personas decentes que estabades a protestar polos vosos dereitos. O de pelagatos era polos de sempre chonito e compañia. Este individuo crispame os nervios. Si non me coñeces non podes saber quen son os meus. Non todo e blanco ou negro. Hai que pensa diferente os de sempre PPSOEBNG. Pidoche perdon outra vez.

    Posted by MARIA | 21/07/2012, 12:26 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: