//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde evita desvelar o día que se inaugurará a polémica estatua a Fraga seguramente para evitar protestas


Hoxe tivo lugar a presentación de cara a prensa da 60 Festa do Viño Albariño de Cambados. O alcalde compareceu para detallar o programa que vai desde o 31 de Xullo (martes) até o domingo 5 de Agosto. A lista de concertos xa a coñecíamos, polo cal non houbo demasiada novidade a ese respecto.

Presentación da 60 edición | Faro de Vigo

O denominado “Capítulo do Serenísimo” fixo públicos os recoñecementos desta edición (os chamados “cabaleiros” do viño) que máis un ano conteñen nomes do Partido Popular, coma a conselleira de Traballo (é particularmente vergoñenta esta distinción tendo en conta a evolución do paro en Galiza desde 2005, ano en que o Goberno Feijóo tomou posesión) e o conselleiro de Educación. Aparte da típicas distincións ao propio partido que seguen a sucederse sen ruborizar á organización, destaca positivamente o recoñecemento merecido do escultor Manolo Paz. Completan a lista Jose Masaveu (adegueiro), Rafael Ansón (presidente Academia Española de Gastronomía), Ana Turpin (actriz), Ramón Huidobro (secretario xeral do Consello Regulador) e Abraham Olano (ciclista).

Canto á estatua de Fraga, o alcalde asegurou que vai ser inaugurada durante as Festas pero segundo o propio Diario de Arousa “la fecha aún no está decidida”. É obvio que o alcalde de Cambados sabe perfectamente, a menos de dúas semanas, cal é a data e a hora elixidas para este acto. Tamén é claro que Luís Aragunde non desvela estes datos para tratar de evitar as protestas no mesmo momento da inauguración.

HABERÁ “ACCIÓN” REIVINDICATIVA ORGANIZADA 

Cambados(tk) está a preparar unha actividade ou “acción” orixinal entorno a esta cuestión. Podemos adiantar que non se tratará dunha manifestación ou concentración, é dicir, non será unha protesta ao uso, senón algo orixinal. Non nos atinxe o escurantismo do alcalde xa que nós si temos decido cando ocorrerá esta acción (como Aragunde, de momento tan só dicimos que será durante as Festas), e foi deseñada para poñer de relevo a disconformidade dunha boa parte da poboación con esta estatua dun xeito que non se dane a imaxe da Festa, do sector do viño ou do propio Cambados. Isto, claro está, non será motivo para que poidan darse outro tipo de protestas non vinculadas organizativamente con CTK cando se inaugure a estatua ou durante o Xantar do Albariño, que segurammente sexa o momento elixido para o acto de Fraga.

Conversa

5 thoughts on “Aragunde evita desvelar o día que se inaugurará a polémica estatua a Fraga seguramente para evitar protestas

  1. Estades en todo o dereito de protestar por algo que en estes tempos non deberia de suceder. E non me refiro solo a imaxe de Fraga, se non a tirada de cartos nestes tempos en comidas e fastos. Pero tende en conta tamen a imaxe que pode dar Cambados para o resto do pais si non se fan as cousas con cordura. Esta festa atrae a moitisima xente que gasta e deixa cartos no pobo. Non fagamos que se arrepintan de estar aquí. Gracias.

    Posted by MARIA | 22/07/2012, 12:37 am
    • María, descoida porque precisamente está pensado para non “rebentar” a Festa nin nada polo estilo. É máis, se a participación é boa pode ser incluso unha actividade interesante e orixinal.
      O que si deixamos claro con este artigo tamén é que o feito de que nós organicemos esta protesta deste xeito non quita que se poidan repetir as xa típicas pitadas no Xantar, se cabe con bastante máis xente. En parte hai que darlle as grazas aos membros do Partido Popular porque a súa forma excluínte de organizar (ou máis ben,o apropiarse partidistamente a festa) fai que o descontento siga en aumento. E este ano entre crise e estatua o ambiente vai estar tenso nese sentido.

      Posted by Óscar | 22/07/2012, 12:53 am
      • Moi certo Oscar. Bueno o das pitadas xa forma parte tamen da festa. Non se lle pode dar todo por ben feito sobre todo cando non esta ben feito.

        Posted by MARIA | 24/07/2012, 2:58 pm
    • Non te preocupes Maria pola imaxe que de Cambados se podan levar os turistas …..xa se encargou de degradala Aragunde co tema da estatua do indeseable de Fraga….eu estarei o domingo berrando e mostrando o meu rechazo, iso chamase liberdade de expresion ¿o acaso os politicos solo estan para que lles aplauden? …cando o fan mal hai que decirllo porque a veces parece que non se enteran

      Posted by Ricardo | 22/07/2012, 2:08 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Xullo 2012
L M M X V S D
« Jun   Aug »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: