//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

A desvergoña de Louzán


Despois de ler a entrevista que lle realizaron a Rafael Louzán en  “La Voz de Galicia” (30/07/12) non podo máis que preguntarme como se pode ter tanta cara, tanto morro para dicir o que di, ver como está actuando o seu partido nos distintos gobernos autonómicos e central e quedar tan pancho, tan chulo; son tal a cantidade de bobadas, de tonterías que di  que sinceramente non sei nin por onde empezar.

Quizais, o primeiro que lle aconsellaría a este suxeito é que antes de falar dun tema (que polo cargo que ostenta debería de dominar), tería que documentarse un pouco, e non dicir o primeiro que se lle pasa pola cabeza; aprezado Louzán as Deputacións  provinciais nacen a comenzos do século XIX, nun contexto político, histórico, económico e social moi distinto do actual onde se facía necesario un organismo,  unha institución, en definitiva un nexo que conectase os diferentes concellos entre si e coa administración central; hoxe en día co desenvolvemento das autonomías e todas as transferencias e atribucións que asumen, as Deputacións non teñen  ningún sentido, senón a de aupar a individuos como Rafael Louzán.

Dende logo o primeiro incongruente é o propio Louzán basta reseñar o título  do artigo “ESTÁ CLARO QUE OU PECHAMOS AS DEPUTACIONS OU AS POTENCIAMOS”  onde deixa claro a súa declaración  de intencións, se o propio presidente da Deputación Provincial de Pontevedra pensa iso do organismo que preside, se pensa que é absolutamente o mesmo que siga dita institución ou non, se está recoñecendo de forma velada que as atribucións que leva a cabo se poderían exercer doutra maneira, que pensará o cidadán de a pé, e máis nun período de crise como no que estamos actualmente,  que nos están pedindo sacrificio tras sacrificio a todo ó mundo xa sexan   funcionarios, parados, xubilados, autónomos, traballadores en xeral, e sen embargo ves a unha institución tan caduca, tan sobredimensionada en persoal, que dáste conta que ao final solo sirve para perpetrar no cargo  a individuos de dubidosa credibilidade coma Louzán, cuns salarios fora de toda lóxica (o presidente da Deputación de Pontevedra ou de A Coruña cobra máis que o presidente do Estado español) e que benefician maioritariamente ós concellos da súa corda.

Nun momento da entrevista o Sr. Louzán di sen ningún tipo de rubor “no 2012 a Deputación contratará máis de mil cincocentos traballadores para resolver as prioridades que os concellos nos demandan…” e fala de prioridades tan básicas para a nosa sociedade como son limpeza de praias  e asesores turísticos, iso si, en cousas tan importantes en sociedades avanzadas como son  a educación ou sanidade , non lles importa aplicar os recortes que fagan faltan  nin mandar á rúa a profesores, enfermeiros ou persoal de dependencia, ademais ¿dende cando unha Deputación se dedica a facerlle competencia ao INEM ou as axencias privadas de colocación? Non vou a recordar ahora toda a xente de Ribadumia que colocou  na Deputación (excelente artigo o que no seu dia publicou o xornal “EL Pais”).

Tamén fai gracia cando nun momento da entrevista sentencia con solemnidade  “..o papel que estamos facendo é crucial” De que papel falas Rafael? e o mais importante en que municipios? Os que son da vosa corda?. Hai pouco contáronme unha anécdota deliciosa : a mediados dos anos 80 cando en Cambados gobernaba un partido que non era o PP (daquela AP), pedíronlle unha subvención á Deputación para dotar ó pobo dalgunha infraestrutura deportiva (inexistente daquela) , a resposta do entón Presidente da Deputación ……un tal Mariano Rajoy, foi que Cambados  cunha pista de tenis tiña máis que cubertas as súas necesidades deportivas; así é, o mesmo que hoxe en día fala da importancia do deporte, o mesmo que sen importarlle a situación que estaba a vivir ó pais ao borde do rescate, colle un avión, atravesa media Europa só para fotografiarse coa selección de fútbol, ese mesmo negoulle unha subvención para equipamento deportivo  a un pobo polo simple feito de gobernar un partido de esquerda nacionalista; nese sentido Louzán é un digno herdeiro.

O Sr. Rafael Louzán énchese a boca a falar de reformas lexislativas e outros termos dos que non ten a máis mínima  idea… se de verdade quere unha lei de proveito eu invítolle a que  promova unha lei de transparencia na que se lles esixa (como ocorre con deputados e senadores) unha declaración do Patrimonio cando chegan e cando se van, tanto a Presidentes de Deputacións coma ós familiares directos (e nalgún caso tamén a chóferes de confianza), ao mellor levariámonos algunha sorpresa o ver as inversións que algúns teñen,  por exemplo, en Brasil.

Aínda que sempre haberá  alguén que vexa a Rafael Louzán coma un verdadeiro “selfmade man” un triunfador, o ascenso dun humilde bedel…non sei que esta esperando Hollywood para facer unha película sobre a súa vida (o problema é que non hai un actor co atractivo para encarnalo, esa porte, ese donaire nin Marlo Brando nos  seus mellores tempos, pero é o problema de ser tan guapo).

Ricardo Domínguez Rey. Le máis artigos seus aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2012
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: