//
arquivo

Archive for

O paseo das estatuas da dignidade


Dignidade fronte aos que se cren os amos da Festa e de Cambados. Esa é a descrición do que aconteceu o pasado mércores na inauguración do Albariño. Nunha mañá de choiva intensa que facía presaxiar que a protesta que convocaramos hai días na rede sería un fracaso de afluencia. Nada máis lonxe da realidade. Vinte minutos antes da hora prevista do corte da cinta por parte das autoridades, xa eramos máis de oitenta “estatuas humanas” (ese era o número de pegatinas que levamos). Preme en Seguir Lendo para ver todas as imaxes. Seguir lendo

Reflexións sobre os actos de protesta na inauguración da Festa do Albariño


O pasado día 1 de agosto inaugurouse a LX Festa do viño albariño no Paseo da Calzada, e,  dende logo, se por algo será recordada esta inauguración, con respecto a moitas das anteriores é polo feito da protesta pacifica, orixinal e exitosa levada a cabo por un grupo numeroso de xente (dende logo moitos  máis dos 50 que decia a Policía  Local) contra a decisión caprichosa, partidista e caciquil do alcalde de levantarlle unha estatua a unha persoa tan deplorable coma Manuel Fraga.

Ante todo a miña felicitación ós organizadores do acto por unha forma de protesta tan intelixentemente levada, felicitaros a todos ós participantes por non caer nas provocacións dos catro descerebrados de sempre que parece que añoran tempos pasados e non se dan conta que a dictadura hai tempo que acabou e que todos temos dereito a manifestarnos libremente.

Tamén quería aproveitar para destacar dous puntos cando menos curiosos, o primeiro as declaracións posteriores do alcalde nas que,  por un lado,  chama de folclore propio da festa, ditas manifestacions e por outro lado, e cito textualmente do Faro de Vigo do 2 de agosto : “somos demócratas y todo el mundo tiene derecho a ejercer su libertad de expresión, pero habráa que respetar mas a los bodegueros y los cosecheros”; por empezar por esto último, querido alcalde, tes mais cara que espalda (e iso que ti de espalda vas ben armado), non sexas cínico e deixa de rirte de todo o pobo, ti  non tes nin idea do que é ser democrata….. tomas o concello coma si fose a túa finca particular, con decisions propias de alcaldes franquistas e queres darnos clases de democracia, tápate un pouco e deixa de dicir parvadas que se te ve o plumeiro, nos non lle faltamos o respeto nin aos bodegueiros nin aos cosecheiros, en todo caso, faltaríalles ti ao intentar adxudicarlle a eles á auditoría da estatua do teu amado Fraga, a nosa protesta foi pacífica, apolítica (que eu sepa nadie levou nin coreu consignas de ningún partido) e educada (a pesar de que tivemos que aturar a mais de catro dos vosos adlateres).

En canto o do folclore, o único folclore presente na festa do albariño e saber cada ano a que membros e simpatizantes do PP nombraredes cabaleiros e donas do albariño, vos si que habedes politizado a Festa do albariño no voso beneficio e proveito, Luís, aconséllote que aprendas o que é  ser realmente ser un demócrata e respecta ós teus veciños que son o fin e o cabo os que tes que  servir.

O outro punto que quería destacar é a xa famosa conversa entre Rafael Louzán e Xaquín Charlín “Chon”, cando menos curiosa que como testemuña directa vivín; o primeiro que quero destacar e  cara de compunxido que lle poñía Rafael Louzán cando lle decia a Chon que se metía  con él  dende o seu blog no terreo persoal (eu dende logo non sei de onde sacou iso), e que tamén que estaba disposto a tomar un café cando quixese para falar, sinceramente, eu, debo felicitar a Rafa Louzán polo bo actor que é pois se por algo se caracteriza o PP en xeral e, sobre todo, en particular (e mais en Cambados), é pola falta de dialogo (acaso Luís Aragunde chamou ó PSOE e ao BNG para dialogar sobre a conveniencia de levantarlle unha estatua a Fraga), persoalmente penso que tanto Louzan como Touris ou Aragunde están tan acostumbrados a ter os catro pelotas de turno o seu redor que non se dan conta que a vida politica consiste precisamente en iso, en que cando non o fas ben (e por desgracia no seu caso ocorre moitas veces) é lexítimo criticalos, persoalmente Xaquín (coma eu) non criticamos o Rafael Louzán persoa senon exclusivamente o Rafael Louzan político (e dende logo nese eido hai moito que rascar); Rafael douche o mesmo consello que Luís, sede mais humildes e non vos miredes tanto ó ombligo.

Para finalizar e dado que estamos falando de homenaxes, e xa que saleu o tema, felicitar a Xaquin “Chon” e a Oscar Pardo Planas polos seus blogs, para que segan a ser unhas “moscas cojoneras” que polo visto para algo serve e que dende logo sempre contaran con meu humilde apoio.

DISFRUTADE DO ALBARIÑO E SAUDOS

Ricardo Domínguez Rey. 

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.