//
arquivo

Archive for

O BNG pregunta polo Xantar do Albariño


O voceiro do BNG presentou hoxe unha pregunta ao grupo de goberno para interesarse sobre o Xantar do Albariño deste ano. Víctor Caamaño quere saber a quen convidou o Concello a comer de balde, quen acudiu realmente, se acudiron acompañados e cal foi o motivo de tal convite. Os concelleiros do Bloque non asistiron outro ano máis a un Xantar que consideran totalmente sobredimensionado e que serve para que simpatizantes e cargos do PP coman de balde a conta dos contribuíntes, aos que lles reclaman “apretarse o cinto” e austeridade. Unhas 600 persoas si estiveron este ano segundo os medios de comunicación. Tamén aproveita o Bloque para solicitar as contas das Festas deste ano 2012. Podes ler aquí o escrito presentado por Caamaño.

A estatua de Manuel Fraga Iribarne foi inaugurada


Bastante ás agachadas, habería que engadir. A alcaldía, que difundira o rumor de que non sería inaugurada no Albariño finalmente, empreogou este recurso para evitar máis protestas e descubriu o mamotreto que representa a Fraga no Xantar do Albariño. A estatua pesa seiscentos quilos e constitúe un Fraga desproporcionado (mide dous metros sen contar coa base) e ao que é difícil atribuirlle unha idade. Seguir lendo

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.