//
estás a ler...
., Cambados

A estatua de Manuel Fraga Iribarne foi inaugurada


Bastante ás agachadas, habería que engadir. A alcaldía, que difundira o rumor de que non sería inaugurada no Albariño finalmente, empreogou este recurso para evitar máis protestas e descubriu o mamotreto que representa a Fraga no Xantar do Albariño. A estatua pesa seiscentos quilos e constitúe un Fraga desproporcionado (mide dous metros sen contar coa base) e ao que é difícil atribuirlle unha idade.

Aragunde e Feijóo destapan a Fraga | El Correo

O Concello parece preocupado polo evidente perigo de sabotaxe que supón deixar a Fraga á intemperie neste ambiente de confrontación que o propio Concello potenciou desde hai tres meses, e anunciou que o Pazo Torrado podería non ser o destino último da escultura para buscar un lugar “máis protexido”. Desde Cambados(tk) voltamos propoñer que, ademais de que haxa transparencia sobre quen sufraga a “obra”, esta se instale nun lugar non-público…como podería ser a adega do único adegueiro que saiu na súa defensa (Bouza de Carril), na sede do propio Partido Popular, ou na casa de calquera militante/simpatizante do Partido. Tamén poderíamos entrar a propoñer sistemas de rotacións (por exemplo anuais) para que todos eles estean a gusto coa figura do ex ministro de Franco e ex presidente da Xunta. Sempre que sexa fóra de chan público cambadés, o goberno local contará coa nosa total aprobación.

Desde Cambados(tk) queremos tamén lanzar a mensaxe de que para nós non é unha derrota que a estatua tivera sido instalada. Nada máis lonxe da realidade. De feito, coñecendo a forma de gobernar do PP de Cambados, imaxinar outra situación tería sido complicado. Pero estamos orgullosos de ter convertido este tema nunha verdadeira derrota para a Alcaldía de Cambados e para o Partido Popular. Orgullosos de que o tema fora obxecto de debate e de ser capaces de facer visible a unha parte moi importante de Cambados que non está dacordo neste tema e que está farto de que se empregue o Concello como unha finca privada, cando é de todos e todas. Accións como a do pasado 1 de Agosto quedarán na retina non só dos que participamos e dos que estaban alí, senón tamén na dos dirixentes que até agora non estaban acostumados a ser obxecto de protestas tan exemplares e cívicas como a que vivimos.

E a oposición á estatua, por suposto, continúa.

Conversa

9 thoughts on “A estatua de Manuel Fraga Iribarne foi inaugurada

  1. Porque en un lugar no público?? Creo los del BNG tenéis miedo a que si hay un referendum sobre la estatua, salga el SI, y esto ya es cosa mía, OJALA SE INSTALE DELANTE DE LA SEDE DEL BNG.

    Posted by Ángel | 07/08/2012, 5:47 pm
    • Angel te aconsejo que vayas a la biblioteca y te documentes de quien era Fraga antes de decir tantas bobadas……………..era un fascista y Cambados no merece tal “honor”

      Posted by ricardo | 07/08/2012, 9:45 pm
    • Ángel, a túa obsesión co BNG comeza a preocuparme…Ah, e ao lado da súa sede non creo que a poñan, de momento vai entre rexas para protexela. De que? Se é tan querida. Non?

      Posted by Óscar | 08/08/2012, 6:08 pm
  2. Añado, para vosotros nunca es una derrota nada, ni elecciones, ni nada de nada, jejeje, de verdad nose desde que punto de vista lo veis vosotros, pero si colocar la estatua no fue derrota? que seria no ponerla? Creo que los nacionalistas estáis hay simplemente para tocarlos y tocarlos bien tocados.

    Posted by Ángel | 07/08/2012, 5:51 pm
    • Ángel, esto non é o Tuenti para que veñas dicir parvadas. Queres xogar a algo? Porque seriedade, información e intelixencia fáltache bastante. E déixate de votar positivo a ti mesmo.

      Posted by Weah | 08/08/2012, 1:08 am
  3. Ricardo todos sabemos quien era Fraga antes da democracia e quen foi durante a democracia. O presidente da Xunta votado por unha gran maioria dos galegos que lle retirou o voto cando considerou que xa non facia nada gobernando. Eu tampouco estou dacordo co da estatua. Tanto me ten donde a ppoñan. Pero creo que os de esquerdas tendes doble vara de medir. Recordovos que hai algun que outro dictador vivo comunista que esta i estuvo facendo sufrir a todo un pobo. Cuba. e o criminal sigue vivo. Os meus avos marcharon a buscar vida nas Americas na epoca de franco e non mandou que afundiran o barco e os tirotearan. pero castrol si. Non defendo a franco nin moito menos.Ademais creo que Castro e Fraga tamen foron amigos durante un tempo. un saudo.

    Posted by MARIA | 07/08/2012, 11:24 pm
    • María, pásoche esta imaxe. Se che parece que as fontes non son do todo fiables, podes buscar as referencias na ONU, UNESCO, etc: https://twitter.com/Marxista_esp/status/222376613327806464/photo/1
      Ademais diso, fai pouco que morreu un “disidente” en Cuba por accidente dun cachorro destes do PP (que, por certo, non sei cantos delitos estaba facendo ao mesmo tempo). Con Franco non sei se alguén podía facer ese tipo de “oposición”, e eso que estaban financiados polas mafias e partidos pseudofascistas doutros países. AH!, por certo, que esa oposición ten un apoio residual en Cuba.

      Ademais, a que carallo vén que compares pór unha estatua de Fragasaurio con Fidel? Xa estamos coa típica paja mental dos peperos. Saúdos cordiais.

      Posted by Weah | 08/08/2012, 2:06 pm
      • WEAH di o refran que non hai maior desprezo que non facer aprecio. Todo o que non pense coma vos e un fascista e retrogrado. Enton opinade solo vos. Os demais non temos dereito.
        E por certo, totalmente de acordo co comentario de aqui abaixo publicado por Fran. Con educacion tamen se din as cousas. Ata nunca.

        Posted by MARIA | 09/08/2012, 11:14 pm
  4. Está claro que Fraga tuvo o seu pasado igual que calquera outro dirixente que ainda está na actualidade no poder. Non veño a opiniar sobre isto, o que si quero dicir é que este non é o momento das estatuas:
    – Non é o momento porque hai déficit no estado
    – Non é o momento porque as subcontratas públicas teñen retrasos nos cobros
    – Non é o momento porque os que xa non cobran o subsidio polo desemprego non teñen porque tolerar que se empreguen así os seus cartos

    Eu como ocupado tampouco teño porque tolerar que os meus cartos vaian parar a unha estatua de 30.000€ habendo outras cousas moito máis necesarias (colexios con averías, estradas en mal estado…)

    Xa que estou, tamén quería comentar sobre a cobardía do señor Feijoo por non ir cos dirixentes do concello hacia Fefiñáns… lamentable me parece….

    Veña que xa acabo…
    Non vos podedes imaxinar canta rabia me da que a xente intente xustificarse dicindo: porque los del bloque, porque los nacionalistas, porque los comunistas…..
    Por favor, dade unha resposta con fundamento e se non vos gustan as opinións que hai escritas cerrades o navegador e punto!!
    Independientemente das miñas ideoloxías políticas intento ser obxetivo pero vexo que non todos fan o mesmo….

    Posted by Fran | 08/08/2012, 8:46 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: