//
arquivo

Archive for

Eulogio Romero faise co Mostacho Absoluto na 4ª edición da Festa do Bigote


O cambadés Eulogio Romero proclamouse “bigotudo do ano” no certame que o Rif-Rock e Cambados(tk) veñen organizando desde hai catro anos na noite do Domingo do Albariño. Os foguetes que marcan o remate das Festas grandes de Cambados son tamén o punto de partida para esta particular homanaxe ao mostacho, unha festa que xa vai pola súa cuarta edición en continuo aumento de afluencia. Seguir lendo

O Concello planeaba homenaxear ao finado Ernesto Abal sen consultar á familia e ao grupo no que tocou 30 anos


Polémica en Cambados por unha homenaxe que o Concello tiña prevista ao bombeiro do grupo “Os Faíscas de Solobeira”. Ao parecer, tal e como se desprende dunha dura carta emitida polos seus compañeiros de formación, o goberno local nin sequera tiña consultado este acto coa familia de Ernesto nin co seu grupo. Ademais, o propio goberno ignorou até o momento no pleno da Corporación unha proposta para que se lle adicara o nome do Centro Cultura de Vilariño a esta persoa, que ademais de formar parte deste grupo tradicional, era unha peza activa na dinamización cultural da parroquia.
A carta asinada por Xaquín Xesteira, Ramón Vázquez e Xosé Manuel Gómez, podes lela premendo aquí.

Homenaxes e respecto


Ramón Vázquez Acha, Xaquín Xesteira Losada, Xosé Manuel Gómez Oubiña e, ata xaneiro deste ano, Ernesto Abal González, somos Os Faíscas de Solobeira. Dicimos somos porque para nós Ernesto sempre formará parte deste cuarteto. Dos 30 anos que levamos tocando, os últimos 20, Ernesto acompañounos, como se soe dicir, nas verdes e nas maduras. Tamén fomos conscientes de cómo el gozaba con cada alborada ou calquera celebración á que nos chamaban.

Non fai falla ser moi listo para decatarse de que todo este tempo é máis que suficiente para coñecernos ben, saber como pensa cada un e, tal vez o máis importante, ter unha idea clara de cómo se debe facer, tratar e gozar coa música tradicional.

Din que ninguén é profeta na súa terra, dende logo, nós nunca fomos afortunados en Cambados, e sobre todo polos que gobernaron este concello. É triste e, ao mesmo tempo, vergonzoso que as persoas que non gozan da nosa simpatía, sexan as que agora queiran facerlle unha homenaxe a un de nós. E xa non falemos das formas que tiveron con este grupo á hora de organizar dito evento.

Señores do Concello de Cambados:
A mellor homenaxe xa lla tributamos os compañeiros e amigos que no seu momento estivemos onde tiñamos que estar, con el e coa súa familia; que sería como máis lle houbera gustado a Ernesto.

Tal vez o único problema é que alí non saíran vostedes na foto ou non se enchera un día de programación na Festa do Albariño.

Tampouco entendemos por qué se negaron a aprobar unha proposta presentada ao Concello en dúas ocasións para que o Centro Cultural de Vilariño, a súa parroquia, levara o seu nome. Tal vez porque a proposta a presentaron uns, e non outros?

Por outra banda, non se preocupen, que se algún día fai falla homenaxear a algún membro deste grupo, xa o faremos nós, pero ao noso xeito, coas persoas e grupos coas que lle houbera gustado ao noso compañeiro.

Por último, e dende o noso máis fondo sentimento de amargura e indignación, queremos pedirlle algo que non costa nada: RESPETO.

Nas redes sociais

Agosto 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.